arrow-circle-down arrow-circle-left arrow-circle-up arrow-down arrow-left arrow-line-right arrow-right arrow-up ballon close facebook filter glass lock menu phone play point q question search target twitter
X

Área profesional / Convocatorias

Emprendemento e innovación 2018

II Convocatoria Bolsas en Emprendemento Social

1 Bolsa de Emprendemento Social en Barcelona Activa
  • Bases
  • A Fundación Arquia, en colaboración con Barcelona Activa, convoca 1 bolsa de emprendemento social destinada ao desenvolvemento dun proxecto de negocio sostible con forte compoñente social, co fin de promover e apoiar a creación de iniciativas empresariais que teñan como obxectivo conseguir unha incidencia positiva na sociedade mediante a resolución de problemas actuais da poboación, dende unha vertente social ou ambiental.

    • Obxecto
    • A bolsa ten como obxectivos:

      • Promover a cultura do emprendemento e a iniciativa empresarial como motor de crecemento económico, apoiando propostas innovadoras no campo do emprendemento social.

      • Dotar os candidatos de coñecementos e ferramentas que complementen as súas habilidades emprendedoras e que os capaciten para poder facer realidade o seu proxecto de negocio.

      • Dar impulso a novos proxectos emprendedores xurdidos a partir de valores como o esforzo, o empeño e a innovación.

    • Candidatos
    • Poderán optar á bolsa aqueles profesionais titulados en Ciencias Sociais, Ciencias Xurídicas, Artes, Humanidades, Ciencias, Ciencias da Saúde, Ciencias Económicas, Empresariais, Enxeñaría e Arquitectura nunha universidade española ou fóra do país e homologado en España, que teñan permiso de residencia no territorio español, ou equipos interdisciplinarios, compostos principalmente por profesionais, cunha idea de negocio viable, creativa e innovadora.

      O proxecto pode ser desenvolvido por un ou máis membros dun estudio/sociedade/agrupamento.

      Non poderán optar á bolsa aqueles candidatos que gozasen dunha bolsa de emprendemento social da Fundación Arquia en anteriores convocatorias.

    • Calendario
    • Período de inscrición: Dende o 23 de abril de 2018 ao 29 de xuño de 2018 ás 12 h do mediodía
      Desenvolvemento del Programa: Pendente de confirmación por Barcelona Activa. Comezo previsto en xaneiro de 2019.

    • Documentación e envío
    • A documentación requirida poderase enviar a través do formulario de 'inscrición ' ata o mesmo día do peche da convocatoria (29 de xuño de 2018 - 12 h do mediodía).
      Máis información nas Bases en PDF.

  • Inscrición
  • O proceso de inscrición realízase a través da plataforma web da Fundación Arquia e formalízase segundo os seguintes puntos:

    • A inscrición á convocatoria unicamente se poderá efectuar en liña a través da plataforma da Fundación Arquia.

    • Para poder iniciar a inscrición, necesitarase previamente acreditación na plataforma web da Fundación Arquia para aqueles que non sexan usuarios FQ ou aínda non estean acreditados.

    • A participación quedará efectuada cando sexa completado o formulario de inscrición e achegados os arquivos requiridos na convocatoria. Non se aceptarán propostas presentadas por outro medio que non sexa Internet.

    • A decisión do xurado será inapelable.

    • A Fundación resérvase o dereito á reprodución e/ou exposición total ou parcial das propostas seleccionadas do concurso.

  • Data límite de inscrición e envío de documentación
  • 29 de xuño de 2018 ás 12 h do mediodía

  • Xurado
  • O xurado estará composto por un equipo mixto de representantes de Barcelona Activa, Fundación Arquia e un asesor:

     

    María José Blanco Gutiérrez

    Representante de Barcelona Activa

    Fernando Díaz-Pinés Mateo

    Patrón Fundación Arquia

    Mónica Bonafonte

    Directora da Escola Sert do Colexio de Arquitectos de Cataluña

    Gerardo García-Ventosa

    Director da Fundación Arquia (como secretario sen voto)
  • Criterios de valoración
  • As solicitudes serán valoradas polo xurado atendendo aos criterios seguintes:

    • Currículo académico profesional do solicitante ou de cada integrante do equipo, para avaliar a capacidade de liderado, compromiso e motivación cara ao proxecto empresarial.

    • Memoria do proxecto proposto para a bolsa en que se saliente a súa orixinalidade e viabilidade. Análise Canvas.

    Os titores e membros do xurado poderán contactar directamente cos candidatos para realizar unha entrevista personalizada no caso de que se considerase necesario aclarar aspectos sobre a idea ou proxecto.

  • Criterios de avaliación
  • Cremos en proxectos con gran potencial que deben cumprir os seguintes criterios:

    • Orixinalidade da idea de negocio: debe ser unha idea creativa e innovadora que aporte un novo enfoque de traballo e que contribúa de maneira significativa no ámbito social.

    • A idea do negocio deberá contar cunha estrutura clara, ordenada e lexible, e estar baseada nunha oportunidade de mercado con potencial suficiente de monetización.

    • Modelo de negocio innovador con alta capacidade de xeración de valor e un gran potencial de crecemento.

    • O proxecto deberá permitir unha inserción viable no mercado: obxectivos claros e realistas, definición de estratexias e recursos necesarios para levala á práctica, unha planificación estudada e un orzamento pormenorizado.

    • Capacidade e liderado do emprendedor ou equipo emprendedor: débense posuír unhas cualificacións e coñecementos sólidos e hanse demostrar competencias para levar a cabo con éxito o proxecto.

  • Dotación
  • A bolsa inclúe unha praza no Programa de Emprendemento Social de Barcelona Activa, que consiste en sesións repartidas unha vez á semana durante 6 meses que inclúen formación para a elaboración do plan de empresa, para a capacitación en habilidades emprendedoras, titorías de seguimento e experiencias emprendedoras.

    Aparte dos servizos e recursos de Barcelona Activa, a Fundación Arquia pon a disposición dos emprendedores bolseiros dende o primeiro día un (1) asesor de recoñecido prestixio na xestión do desenvolvemento profesional relacionado co ámbito Arquitectura que fará de titor ao longo de todo o proxecto mediante sesións presenciais e en liña. Esta titorización estará orientada á toma de decisións e guiaraos durante todo o proceso de elaboración do plan de empresa e análise da súa viabilidade. Tamén proporcionará ao bolseiro, dentro das súas posibilidades, os contactos e a información que requirirá para traballar no seu proxecto empresarial con éxito. Nesta edición, corresponde a Mónica Bonafonte, directora da Escola Sert do COAC, a titorización do bolseiro.

    Co obxectivo de equiparar as oportunidades de participación a nivel territorial, a Fundación Arquia subvencionará ao bolseiro cunha dotación económica de 7.000 euros como axuda en gastos de desprazamento que lle permitan trasladarse para asistir a todas as sesións en Barcelona Activa e, a parte do seu equipo, ás sesións de acompañamento se consideran que é necesario.

    A Fundación Arquia proporcionará cobertura, nos termos da póliza de asistencia en viaxe que se contratou a través da axencia de seguros Arquiseguros, ao bolseiro.

  • BARCELONA ACTIVA
  • Barcelona Activa é a organización responsable de impulsar o desenvolvemento económico da cidade de Barcelona, deseñando e executando políticas de ocupación para todos os cidadáns e favorecendo o desenvolvemento dunha economía diversificada e de proximidade.
    Dende hai 30 anos impulsa a actividade económica de Barcelona e da súa área de influencia, apoiando as políticas de ocupación, a iniciativa emprendedora e as empresas, ademais de promocionar a cidade internacionalmente e os seus sectores estratéxicos, en clave de proximidade ao territorio.

Bolseiros

Os bolseiros correspondentes á Convocatoria 2018, son:

Premio

MIREIA GIL SANCHEZ

BARCELONA, ESPAÑA

Azimut O2: Soluciones de Oxígeno solar (Solar Oxygen Solutions)

Suplentes (mencións)

Jorge Caminero Gabernet
E.T.S. A - Madrid - UPM
BARCELONA, ESPAÑA

Co_habitat - Canfidel