arrow-circle-down arrow-circle-left arrow-circle-up arrow-down arrow-left arrow-line-right arrow-right arrow-up ballon close facebook filter glass lock menu phone play point q question search target twitter
X

Área profesional / Convocatorias

Emprendemento social 2019

III Convocatoria Bolsas de Emprendemento Social

1 bolsa de emprendemento social en Barcelona Activa
  • Bases
  • A Fundación Arquia, en colaboración con Barcelona Activa, convoca 1 bolsa de emprendemento social destinada ao desenvolvemento dun proxecto de negocio sostible con forte compoñente social, co fin de promover e apoiar a creación de iniciativas empresariais que teñan como obxectivo conseguir unha incidencia positiva na sociedade mediante a resolución de problemas actuais da poboación, dende unha vertente social ou ambiental.

    • Obxecto
    • A bolsa ten como obxectivos:

      • Promover a cultura do emprendemento e a iniciativa empresarial como motor de crecemento económico, apoiando propostas innovadoras no campo do emprendemento social.

      • Dotar os candidatos de coñecementos e ferramentas que complementen as súas habilidades emprendedoras e que os capaciten para poder facer realidade o seu proxecto de negocio.

      • Dar impulso a novos proxectos emprendedores xurdidos a partir de valores como o esforzo, o empeño e a innovación.

    • Candidatos
    • Poderán optar á bolsa aqueles profesionais titulados en Ciencias Sociais, Ciencias Xurídicas, Artes, Humanidades, Ciencias, Ciencias da Saúde, Ciencias Económicas, Empresariais, Enxeñaría e Arquitectura nunha universidade española ou fóra do país e homologado en España, que teñan permiso de residencia no territorio español, ou equipos interdisciplinarios, compostos principalmente por profesionais, cunha idea de negocio viable, creativa e innovadora.

      O proxecto pode ser desenvolvido por un ou máis membros dun estudio/sociedade/agrupamento.

      Non poderán optar á bolsa aqueles candidatos que gozasen dunha bolsa de emprendemento social da Fundación Arquia en anteriores convocatorias.

    • Calendario
    • Período de inscrición: dende o 25 de marzo ao 31 de maio de 2019 ás 12 h do mediodía (hora peninsular)
      Desenvolvemento do programa: pendente de confirmación por Barcelona Activa. Inicio previsto en xaneiro de 2020.

    • Documentación e envío
    • A documentación requirida poderase enviar a través do formulario de inscrición ata o mesmo día do peche da convocatoria (31 de maio de 2019 ás 12 h do mediodía).
      Máis información nas Bases en pdf.

  • Inscrición
  • O proceso de inscrición realízase a través da plataforma web da Fundación Arquia e formalízase segundo os seguintes puntos:

    • A inscrición á convocatoria unicamente se poderá efectuar en liña a través da plataforma da Fundación Arquia.

    • Para poder iniciar a inscrición, necesitarase previamente acreditación na plataforma web da Fundación Arquia para aqueles que non sexan usuarios FQ ou aínda non estean acreditados.

    • A participación quedará efectuada cando sexa completado o formulario de inscrición e achegados os arquivos requiridos na convocatoria. Non se aceptarán propostas presentadas por outro medio que non sexa Internet.

    • A decisión do xurado será inapelable.

    • A Fundación resérvase o dereito á reprodución e/ou exposición total ou parcial das propostas seleccionadas do concurso.

  • Data límite de inscrición e envío de documentación
  • 31 de maio de 2019 ás 12 h do mediodía (hora peninsular)

  • Xurado
  • O xurado estará composto por un equipo mixto de representantes de Barcelona Activa, Fundación Arquia e un asesor:

     

    María José Blanco Gutiérrez

    Representante de Barcelona Activa

    María Villar San Pío

    Patroa da Fundación Arquia

    Mónica Bonafonte

    Directora da Escola Sert do Colexio de Arquitectos de Cataluña

    Gerardo García-Ventosa

    Director da Fundación Arquia (como secretario sen voto)
  • Criterios de valoración
  • As solicitudes serán valoradas polo xurado atendendo aos criterios seguintes:

    • Currículo académico profesional do solicitante ou de cada integrante do equipo, para avaliar a capacidade de liderado, compromiso e motivación cara ao proxecto empresarial.

    • Memoria do proxecto proposto para a bolsa en que se saliente a súa orixinalidade e viabilidade. Análise Canvas.

    Os titores e membros do xurado poderán contactar directamente cos candidatos para realizar unha entrevista personalizada no caso de que se considerase necesario aclarar aspectos sobre a idea ou proxecto.

  • Criterios de avaliación
  • Cremos en proxectos con gran potencial que deben cumprir os seguintes criterios:

    • Orixinalidade da idea de negocio: debe ser unha idea creativa e innovadora que achegue un novo enfoque de traballo e que contribúa de maneira significativa no ámbito social.

    • A idea de negocio deberá contar cunha estrutura clara, ordenada e lexible, así como estar baseada nunha oportunidade de mercado con potencial suficiente de monetización.

    • Modelo de negocio innovador con alta capacidade de xeración de valor e un gran potencial de crecemento.

    • O proxecto deberá permitir unha inserción viable no mercado: obxectivos claros e realistas, definición de estratexias e recursos necesarios para levalo á práctica, unha planificación estudada e un orzamento detallado.

    • Capacidade e liderado do emprendedor ou equipo emprendedor: cómpre posuír cualificacións e coñecementos sólidos e débense demostrar competencias para levar a cabo o proxecto con éxito.

  • Dotación
  • A bolsa inclúe unha praza no Programa de Emprendemento Social de Barcelona Activa, consistente en sesións distribuídas unha vez á semana durante 6 meses que inclúen formación para a elaboración do plan empresarial, para a capacitación en habilidades emprendedoras, titorías de seguimento e experiencias emprendedoras.

    Á parte dos servizos e recursos de Barcelona Activa, a Fundación Arquia pon á disposición dos emprendedores bolseiros, dende o primeiro día, un (1) asesor de recoñecido prestixio na xestión do desenvolvemento profesional relacionado co ámbito da arquitectura, que titorizará durante todo o proxecto mediante sesións presenciais e virtuais. Esta titorización orientarase á toma de decisións e guiaraos en todo o proceso de elaboración do plan de empresa e análise da súa viabilidade. Tamén facilitará ao bolseiro, dentro das súas posibilidades, os contactos e as informacións necesarias para traballar o seu proxecto empresarial con éxito. Nesta edición, a titorización do bolseiro correspóndelle a Mónica Bonafonte, directora xeneral da FAD.

    Co obxectivo de equiparar as oportunidades de participación a nivel territorial, a Fundación Arquia subvencionará o bolseiro cunha dotación económica de 7000 euros en concepto de axuda para gastos de desprazamento, a fin de que se poida trasladar e asistir a todas as sesións en Barcelona Activa e, a parte do seu equipo, para que acudan ás sesións de acompañamento se o consideran necesario.

    A Fundación Arquia proporcionará cobertura ao bolseiro nos termos da póliza de asistencia en viaxe contratada a través da corretoría Arquiseguros.

  • BARCELONA ACTIVA
  • Barcelona Activa é a organización responsable de impulsar o desenvolvemento económico da cidade de Barcelona, deseñando e executando políticas de ocupación para todos os cidadáns e favorecendo o desenvolvemento dunha economía diversificada e de proximidade.
    Dende hai 30 anos impulsa a actividade económica de Barcelona e da súa área de influencia, apoiando as políticas de ocupación, a iniciativa emprendedora e as empresas, ademais de promocionar a cidade internacionalmente e os seus sectores estratéxicos, en clave de proximidade ao territorio.

Bolseiros

Os bolseiros correspondentes á Convocatoria 2019 son:

Premio

Santiago Jiménez Cortés
MADRID, ESPAÑA

Liight

Suplentes (mencións)

Óscar Ortigueira Folgar
PONTEVEDRA, ESPAÑA

cucunver