-
Becas y convocatorias
A Fundación Arquia ten por obxectivo promover e fomentar as actividades culturais no campo da Arquitectura. Entre estas actividades atópase a colección arquia/teses, orientada á publicación de teses doutorais de Arquitectura relevantes pola súa achega ao coñecemento arquitectónico, unha vez revisadas e adaptadas polos seus respectivos autores. Deste xeito, a colección arquia/teses pretende poñer ao alcance do público interesado nos estudos sobre Arquitectura un material valioso ao que, doutro modo, resultaría difícil acceder.
Coa intención de incrementar o repertorio editorial da colección, a Fundación Arquia convoca un concurso bienal orientado á selección de teses doutorais inéditas.
Poderán participar no concurso aqueles arquitectos españois que leran a súa tese doutoral en calquera escola ou facultade de Arquitectura do mundo, así como aqueles arquitectos estranxeiros que leran a súa tese doutoral en calquera escola de Arquitectura española.
Na primeira fase do concurso, os concursantes deberán presentar o abstract da tese e un expediente dun máximo de vinte páxinas escrito en lingua castelá que conteña o índice da tese, un resumo do contido e unha breve explicación dos procesos de reelaboración que o autor considera necesarios para adaptar a tese á liña editorial da colección arquia/teses da Fundación Arquia.
O xurado estará composto por:
Xavier Monteys Roig (Presidente): Catedrático de Proxectos arquitectónicos da Escola Técnica Superior de Arquitectura de Barcelona.
Luís Martínez Santa–María: Profesor de Proxectos arquitectónicos da Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid.
María Melgarejo Belenguer: Profesora de Proxectos da Escola de Arte e Deseño de Valencia.
Carlos Gómez Agustí: como patrón e en representación da Fundación Arquia.
Actuará como secretario, con voz mais sen voto, o director da colección arquia/teses, Carlos Martí Arís, profesor titular de Proxectos da Escola Técnica Superior de Arquitectos de Barcelona.
O prazo de admisión da documentación solicitada comezará o 11 de abril de 2013 e rematará o 12 de xuño de 2013.
Cada membro do xurado seleccionará entre os expedientes presentados un máximo de cinco traballos que accederán á fase final do concurso.
A primeira semana de setembro de 2013 solicitarase un exemplar completo do traballo da tese aos concursantes que pasen á fase final.
Durante a primeira semana de decembro, terá lugar a reunión do xurado para determinar o veredicto do concurso. O veredicto publicarase a segunda quincena de decembro de 2013.
O xurado poderá conceder un máximo de dous premios e catro mencións. Os premios consisten no compromiso da Fundación Arquia de editar as teses.
O compromiso de edición estará condicionado polo traballo de reelaboración necesario que deberá realizar o autor da tese de acordo aos criterios editoriais da Fundación Arquia.
As teses que obteñan unha mención terán unha consideración preferente nos plans editoriais da Fundación Arquia.
O concurso poderá declararse deserto. O veredicto do concurso comunicarase aos participantes por correo electrónico e será inapelable.
Proceso de alta e inscrición no concurso Teses para novos usuarios da plataforma:
Proceso de alta e inscrición no Concurso Teses para usuarios da plataforma que non participaran en Teses 2011:
Proceso de inscrición para usuarios que xa participaran en Teses 2011:
A novena convocatoria do concurso bienal de teses doutorais de Arquitectura da Fundación foi posible grazas á financiación obtida do Fondo de educación e promoción de Arquia Caja de Arquitectos.
Fundación Arquia
Abril 2013