arrow-circle-down arrow-circle-left arrow-circle-up arrow-down arrow-left arrow-line-right arrow-right arrow-up ballon close facebook filter glass lock menu phone play point q question search target twitter
X

Área cultural / edicións

Audiovisuais

Verbo de arquia/audiovisuais

 

Dentro da política de difusión cultural arquitectónica que realiza a Fundación Arquia, todos os libros e DVD que esta edita son obsequiados ás bibliotecas dos colexios oficiais de arquitectura e mais ás escolas técnicas superiores de arquitectura españolas para poderen ser consultados polo estudantado e os profesionais.

O obxecto da colección é a edición de documentais dedicados a arquitectos e arquitectura en formato DVD. Recupéranse así cintas inéditas no noso país dándoas a coñecer entre o público xeral, con subtítulos en castelán e acompañadas de información complementaria sobre o arquitecto protagonista ou o documental.

O motivo: porque o mellor medio de coñecer un edificio dende a distancia é mediante a imaxe en movemento, e para saber algo máis dun arquitecto cómpre escoitar os seus razoamentos. Por iso, o cinema é un medio ideal para divulgar e dar a coñecer a arquitectura e o traballo de quen a crea, e o xénero cinematográfico máis axeitado é o documental.

O obxectivo xeral é o da promoción e difusión do feito arquitectónico:

Dar valor aos documentos audiovisuais sobre arquitectura.
Aproximar á sociedade o feito arquitectónico e mostrar a súa dimensión creativa, económica e social.
Crear e desenvolver unha base de documentos audiovisuais sobre arquitectura.
Fomentar a creación de documentos audiovisuais por parte dos profesionais do sector como forma de investigar e mostrar o feito arquitectónico.

Os destinatarios: estudantes, arquitectos, profesionais que interveñen na construción dos edificios, interesados na arquitectura e afeccionados ao cinema en xeral e ao documental en particular. Co destino tamén de converterse en material valioso de consulta e traballo nos colexios e escolas de Arquitectura.

 

Suscríbete a nuestro newsletter para recibir las últimas novedades