Utilizamos cookies y tecnologías similares propias y de terceros, de sesión o persistentes, para hacer funcionar de manera segura nuestra plataforma y personalizar su contenido. Igualmente, utilizamos cookies para medir y obtener datos de la navegación que realizas y para ajustar la publicidad a tus gustos y preferencias. Puedes modificar tus opciones de consentimiento en cualquier momento visitando nuestra Política de Cookies y obtener más información haciendo clic aquí.
A fotografía significou para José Antonio Coderch o que a pintura para Aalto ou Le Corbusier. A pesar de non existir ningunha fotografía de edificios, como explica Carles Fochs, arquitecto e autor do catálogo, esta é en realidade unha mostra de arquitectura.
As imaxes reflicten o interese de Coderch polo tratamento de aspectos tales como a captación de movemento, a luz, o encadre ou os contrastes, elementos comparables á infinidade de solucións presentes na súa arquitectura. Descubrimos, detrás do obxectivo, a un home que aplica á fotografía os mesmos criterios, gustos e esixencias que á arquitectura.
A observación paciente da contorna e a transformación dalgunhas situacións en imaxes, intensamente elaboradas en todo o proceso até chegar ao encadre final das copias, permitiulle explorar no mundo das formas até conformar o que hoxe chamariamos unha mirada persoal.
Conforman a mostra unha serie de fotografías taurinas, onde domina a idea de captación do movemento; un conxunto de composicións sobre as texturas dos obxectos, os seus perfís, os seus contrastes, as sombras e penumbras; e o apartado de retratos de familiares e amigos, femininos e masculinos, onde atopamos fotografías desde Sert até Chillida, xunto con fotografías do ámbito máis íntimo e familiar.
Inauguración
COA Barcelona: 19/09/2000
Itinerancias
COA Barcelona: 05/10/2000 - 03/12/2000 COA Jaen: 05/03/2001 - 26/03/2001 COA Lleida: 24/05/2001 - 15/06/2001 COAL Palencia: 20/06/2001 - 06/07/2001 COAC Figueres: 13/07/2001 - 04/08/2001 ETSA Sevilla: 01/10/2001 - 15/10/2001 COAC Manresa: 18/10/2001 - 11/11/2001 COAC Terrassa: 12/11/2001 - 31/12/2001 COA Badajoz: 24/01/2002 - 08/02/2002 COA Málaga: 22/02/2002 - 16/03/2002 COA Tarragona: 19/04/2002 - 17/05/2002