Utilizamos cookies y tecnologías similares propias y de terceros, de sesión o persistentes, para hacer funcionar de manera segura nuestra plataforma y personalizar su contenido. Igualmente, utilizamos cookies para medir y obtener datos de la navegación que realizas y para ajustar la publicidad a tus gustos y preferencias. Puedes modificar tus opciones de consentimiento en cualquier momento visitando nuestra Política de Cookies y obtener más información haciendo clic aquí.
En febreiro de 1992, viaxou á India un grupo de amigos formado por Enric Miralles e Benedetta Tagliabue, Elías Torres, Mogens Krustrup, Jesús Menéndez, Thomas e Helke Bayrle, Götze Stockmann e Valerio Ferrari.
No centro da viaxe estaba a visita á arquitectura de Le Corbusier, en Chandigarh e Ahmedabad, e as obras de Louis Kahn.
Varios dos viaxeiros levaban consigo lapis e papel, para facer atenta a súa mirada cara a canto lles atraía.
Enric Miralles encheu coa súa estilográfica de tinta azul cinco cadernos de debuxo, de tapas duras, de 15 x 10,5 cm, producidos pola Glasgow School of Art, que eran os que usaba habitualmente.
Elías Torres encheu, a bolígrafo negro e até facerlle saltar as costuras, un hartbound sketchbook de 21,5 x 14 cm.
En moitas ocasións, Enric e Elías debuxaban o mesmo motivo, un xunto ao outro. Enric, ademais, tomaba diapositivas, que logo utilizaría como pezas das súas montaxes panorámicas.
Reproducións dalgúns destes debuxos e fotografías son as que se mostran nesta exposición, que acompaña a edición por parte da Fundación Caixa de Arquitectos do DVD Le Corbusier na India. Ahmedabad e o Capitolio de Chandigarh, reunindo os dous documentais producidos e dirixidos por Manu Rewal.
A mirada de Enric Miralles e Elías Torres converte directamente a paisaxe e os obxectos en arquitectura, e nada hai máis optimista que advertir a inesgotable capacidade dun mesmo motivo por converterse en arquitecturas tan diversas como as que nos regalaron ambos na súa obra profesional.