Utilizamos cookies y tecnologías similares propias y de terceros, de sesión o persistentes, para hacer funcionar de manera segura nuestra plataforma y personalizar su contenido. Igualmente, utilizamos cookies para medir y obtener datos de la navegación que realizas y para ajustar la publicidad a tus gustos y preferencias. Puedes modificar tus opciones de consentimiento en cualquier momento visitando nuestra Política de Cookies y obtener más información haciendo clic aquí.
Nun momento delicado para a imaxe social da nosa profesión, reflexionar sobre como chegou a ser partícipe imprescindible do gran espolio inmobiliario pode ser un bo aviso para aqueles que aspiran a incorporarse a ela. Sabemos do potencial da arquitectura para mellorar o mundo e crear maneiras diversas de estar nel, e sabemos tamén do seu potencial inverso en mans enfermas, capaces de esnaquizar os nosos modos de vida e paisaxes. Coñecendo xa a cadea de personaxes implicados no derrube da nosa economía e o «Gran Timo» social, imos imaxinar unha arquitectura contraditoria capaz de activar o mellor da paisaxe e que sirva á vez de sitio de penitencia para os seus usuarios. Atónitos ante a impunidade que demostran coa xustiza do noso país, os implicados serán enviados a un lugar de xustiza máis avanzada e de clima extremo para que reflexionen sobre os seus excesos.