arrow-circle-down arrow-circle-left arrow-circle-up arrow-down arrow-left arrow-line-right arrow-right arrow-up ballon close facebook filter glass lock menu phone play point q question search target twitter
X

Ciclos e Eventos  Ciclos de autor

Jorge Gorostiza

Jorge Gorostiza

CUANDO EL CINE SE ADELANTA A LA ARQUITECTURA:

PROYECTOS VISIONARIOS EN LAS PANTALLAS

Non ten sentido propoñer que as pantallas sexan o sitio onde se poida ver o que vai acontecer no futuro. A ciencia ficción cinematográfica, coma a literaria, emprega o futuro para explicar e analizar o presente no que se formulou. A arquitectura e as cidades que amosan as películas que ocorrían nun futuro que xa pasou, como Una fantasía del porvenir (Just Imagine), que sucedía en 1980, non son as que existiron realmente, pero iso non impide que as súas morfoloxías sexan fundamentais para comprender o intre no que se rodaron.

La vida futura (Things to Come), baseada nunha novela do visionario H. G. Wells, advirte sobre os perigos da 2ª Guerra Mundial, que estalaría tres anos despois da súa estrea amosando un planeta destruído cheo das sempre suxestivas ruínas das edificacións do século XX, pero ademais expón para o ano 2036 unha nova megacidade. Esta, aco contrario da que propón Fritz Lang para o 2027 na súaMetrópolis, é completamente subterránea, como El túnel trasatlántico (The Tunnel), unha urbe onde, como lle di un ancián a unha nena, xa non son precisas as fiestras, unha mestura de distopía e utopía que logra unha película singular. Non se debe esquecer que La vida futura está dirixida por un gran profesional da escenografía, o primeiro "production designer", William Cameron Menzies. Nela, ademais da arquitectura e a cidade do futuro, pódese gozar dunha secuencia fundamental: a construción da metrópoles subterránea, debida á conxunción de László Moholy-Nagy (non deixen de ver o seu documental Impressionen vom alten Marseiller Hafen) e o compositor Arthur Bliss, e que debe gozarse situándose nos anos trinta do século pasado, pero sen esquecer que sempre pode aveciñarse algunha catástrofe.

Máis información sobre o arquitecto Jorge Gorostiza no seu blog ARQUITECTURA+CINE+CIUDAD.

Recursos

 

Conferencia
Cuando el cine se adelanta a la arquitectura
Proyectos visionarios en las pantallas : [conferencia, 3 de septiembre de 2008] / Jorge Gorostiza
Ficción
Ficción
Just Imagine
Una fantasía del porvenir
Ficción
Ficción