Laboratorio de Cine y Arquitectura da ETSAG
LabCineArq nace no ano 2017, impulsado pola actual dirección da Escola Técnica Superior de Arquitectura de Granada. Cunha vontade transdisciplinaria e experimental na que arquitectura e cinematografía enlazan os seus dispositivos de representación espacio-temporais.
Dende os seus inicios, o laboratorio puxo un énfase especial na investigación fílmica de estruturas arquitectónicas, materiais, situacións, semánticas, proxectos e configuracións evolutivas que compoñen a realidade complexa: a urbana e a periurbana, a das casas, a dos edificios, os seus habitantes e as súas paisaxes.
Nos obradoiros teóricos e de realización do LabCineArq atendéronse, de xeito innovador e decisivo, as narrativas fílmicas de ficción. Guións e historias contemporáneas que compoñen e en ocasións ilustran con maior veracidade que o documental, as rutinas cotiás das persoas nos lugares.
O Laboratorio contou até a data de hoxe, entre o seu alumnado, fundamentalmente con arquitectos, alumnos e profesorado da ETSAG, pero tamén estudantes doutras facultades, psicólogos, médicos, historiadores da arte, antropólogos e cinéfilos comprometidos coa xenuina dimensión vangardista da séptima arte.
O fundador e coordinador docente dos diferentes rodaxes e obradoiros é o cineasta Manuel Polls Pelaz. O laboratorio denomínase La Capilla/Laboratorio de Cine y Arquitectura e o seu acrónimo, LabCineArq, significa o seu lugar de desenvolvemento, que está situado nas estancias da antiga capela da ETSAG, que hoxe é un espazo poliédrico de expresión, investigación e divulgación.
Até o 2019 realizáronse en LabCineArq sete curtametraxes, seis delas xa estreadas. O ciclo que aquí se presenta constitúe unha paleta diversa das preocupacións temáticas dos seus autores. Películas todas elas formuladas baixo un enfoque trascendental e unha preocupación estética esixente cara as claves estruturais da arquitectura no cine moderno.