arrow-circle-down arrow-circle-left arrow-circle-up arrow-down arrow-left arrow-line-right arrow-right arrow-up ballon close facebook filter glass lock menu phone play point q question search target twitter
X

BOLSAS 2016-2017 en Cooperación Internacional e Arquitectura da Consellería de Fomento e Vivenda da Xunta de Andalucía

Bolsa de traballo
19 abril 2016

A Consellería de Fomento e Vivenda, consciente da necesidade de achegar ás persoas con titulación universitaria unha experiencia técnica e laboral que facilite a súa posterior incorporación ao mercado laboral andaluz, promove a formación especializada no fomento da arquitectura e a cooperación internacional nas materias da súa competencia, mediante a convocatoria de 2 bolsas para o desenvolvemento de actividades de formación, investigación e apoio na Secretaría Xeral de Vivenda.

Características das bolsas:
- Número de bolsas: 2
- Duración: 12 meses
- Contía bruta da dotación de cada bolsa: 14.040 euros.
- Centro directivo de adscrición: Secretaría Xeral de Vivenda da Consellería de Fomento e Vivenda:
  • 1 bolsa na Dirección Xeral de Vivenda, Rehabilitación e Arquitectura.
  • 1 bolsa no Servizo de Cooperación Internacional. 
PRAZO DE SOLICITUDE:
  • Inicio do prazo:16 de abril de 2016
  • Fin do prazo:10 de maio de 2016