AS FUNDACIÓNS NON SON TAN SÓ INSTITUCIÓNS PARA O BEN COMÚN, SENÓN TAMÉN UNHA EXPRESIÓN DA SOCIEDADE LIBRE EN QUE QUEREMOS VIVIR. WALTER SCHELL
Fundación Arquia destaca polo seu continuo labor e preocupación constante na difusión da cultura arquitectónica co obxectivo de mellorar a imaxe do arquitecto e a súa obra na sociedade.
Os nosos valores baséanse en 4 alicerces básicos: A transparencia como resposta a unha sociedade cada vez máis esixente, sendo cristalinos á hora de mostrar, non só como se xestionan os recursos que recibimos, senón tamén mostrando o proceso de selección e adxudicación dos diferentes concursos que a fundación convoca, cuxo criterio común é a renovación anual de cada xurado ou tribunal.
A comunicación, como vehículo para chegar fluidamente a todos os axentes do sector. Con motivo do carácter extraterritorial intrínseco da Fundación, referénciase a web como punto de difusión e encontro, aproximando de forma global a realidade dos profesionais á sociedade, tanto no ámbito nacional coma internacional.
A participación e bo goberno, entendendo este como a capacidade de optimizar ao máximo os recursos.
O ámbito territorial da fundación esténdese a toda a Unión Europea e Latinoamérica, desenvolvendo principalmente a súa actividade en España. Inscrita no Rexistro de Fundacións do Ministerio de Cultura, co núm. 167, por Orde de 27 de xuño de 1990
Denominación social:
Fundación Arquia - NIF: G59417279 Inscrita no Rexistro de Fundacións do Ministerio de Cultura, co núm. 167, por Orde de 27 de xuño de 1990