arrow-circle-down arrow-circle-left arrow-circle-up arrow-down arrow-left arrow-line-right arrow-right arrow-up ballon close facebook filter glass lock menu phone play point q question search target twitter
X

Centro de documentación / Ciclos

Álvaro Siza Vieira

TRAVELLING

TRAVELLING

Juan Domingo Santos

Nunha conversa con Álvaro Siza comentoume que cando era neno o seu pai alugou unha casa nun val con magníficas vistas para que se recuperase dunha enfermidade respiratoria. Debía gardar repouso e só tiña autorización médica para se asomar a unha terraza. Os primeiros días gustáballe contemplar os vales que se abrían á súa vista, pero pasado un tempo, divisar a paisaxe converteuse nun acto rutineiro carente de sorpresa que se volveu cada vez máis aburrido, polo que decidiu establecer un xogo consistente en abrir e pechar parte das contraventás creando visións fragmentadas da paisaxe con vistas diferentes cada día (1).

 
Na película «A ventá indiscreta» de Alfred Hitchcock, o protagonista, James Stewart, é un fotógrafo inmobilizado nunha cadeira de rodas que para non aburrirse observa dende o interior do seu apartamento o mundo que se abre ante el enmarcado por unha fiestra. Un «voyeur» que contempla fragmentos da vida coa lente da súa cámara. O cuarto e a fiestra aparecen na película como un único e inmenso decorado onde a arquitectura e a vida se ven a través dos ollos dun mesmo personaxe. A actitude de Siza, como a de James Stewart, representa a curiosidade en estado puro e mostra que visións parciais e fragmentarias poden evocar un entorno recoñecible de emocións e sensacións sen ter que recurrir á totalidade, a imaxinación fará o resto (2). Fóra, no exterior, un repertorio de situacións e cousas diversas, de historias nas que aparentemente nunca pasa nada, convértense nun pequeno mundo que se abre ante nós baixo unha exposición controlada. Quizais para Álvaro Siza construír sexa investigar neste campo de relacións cunha mirada introspectiva e persoal (3). Na nosa conversa, falábame de establecer unha orde diferente entre as cousas e a historia e a súa atracción por un certo enigma nas relacións que se producen entre o mundo exterior e o que imaxinamos de el (4). Nada é pequeno ou grande, todo é un mundo complexo e sofisticado ao mesmo tempo, cheo de conexións múltiples que se encarnan de xeito simultáneo nos seus traballos e acadan un estado de naturalidade asombroso(5).
O percorrido da cámara ao comezo de «A ventá indiscreta» mostra unha secuencia de espazos e actividades concatenados que comezan polo fragmento dun patio, despois polo movemento dunha bailarina e o dunha muller paseando co seu cadeliño para adentrarse despois nun cuarto a través dunha fiestra e sobrevoar unha cámara fotográfica rota disposta sobre a mesa até deterse na faciana suada do protagonista. Este singular paseo da cámara ofrece información suficiente para suxerir onde estamos, quen é o protagonista e que interesa no escenario arquitectónico. Cando ao final de la película o asasino entra no cuarto e increpa a James Stewart «Que queres de min?» Este, sen saber que responder, movido exclusivamente pola curiosidade e o aburrimento, ten que defenderse do ataque do asasino cos seus instrumentos de fotógrafo, lanzando «flashes» e goles coa súa cámara e utilizando elementos propios relacionados co personaxe ou cos lugares da acción, porque do contrario, como dicía Hichtcock, «teño a sensación de que desaproveito algo se non me sirvo desas cousas», dispendios innecesarios que levan a construír coa mínima enerxía en continuidade cos lugares e as cousas que non rodean (6 e 7).
As obras de Siza son sempre convites a mirar dende unha fiestra, a entrar nun sitio ou a saír del dun xeito peculiar, tamén, como diría Juhani Pallasmaa, a subir unha escaleira, apoiarse xuntoa a unha parede ou a tumbarse no sofá para ver o teito e certos elementos que a simple vista pasan desapercibidos (8). Una secuencia de experiencias e acontecementos onde a arquitectura ábrese ao diálogo coa paisaxe, coa historia dos lugares, coa memoria e tamén coas cousas máis insignificantes, consciente da «imposibilidade debilitante de finalizalo».
Dicía o escultor Cabrita Reis «somos aquilo onde queremos chegar e a iso chámaselle historia», un conxunto de fiestras que día a día abrimos ao espectáculo da vida.

 

Juan Domingo Santos

Natural de Granada e nado en 1961, é arquitecto pola Escola de Arquitectura de Sevilla (1986), profesor de proxectos arquitectónicos na Escola de Arquitectura de Granada dende 1994 e profesor visitante na Technischen Univertät München (Alemaña, 2010) e foi profesor convidado en diversas escolas de arquitectura nacionais e internacionais.

Recursos

Audiovisuales
Álvaro Siza
Orden en el Caos
Libros
Audiovisuales
Álvaro Siza
Transformando la realidad
Audiovisuales
Clausura
Un futuro humanista [Conferencia de Álvaro Siza]

El sentido de las cosas

Una conversación con Álvaro Siza, El Croquis 140, 2008
Ver revista

Dificilísimo. Puerta Nueva de la Alhambra

Dir. Juan Sebastián Bollaín, 2015
Ver vídeo

Sobre la memoria de la ciudad y algunas notas acerca de Picasso, en «Unas casas de Cádiz»

Colexio de Arquitectos de Cádiz, 2007
Ver libro

Álvaro Siza/Juan Domingo. The Atrium of the Alhambra

ALH The Alhambra Magazine, Padroado da Alhambra e do Generalife, 2013
Ver vídeo