-
Becas y convocatorias
Poderán optar á bolsa aqueles estudantes de Arquitectura e arquitectos novos con nacionalidade española ou cidadáns con permiso de residencia en España que, na data de finalización da entrega de solicitudes, reúnan os seguintes requisitos:
Estudantes
a) Ter superados, nalgunha Escola española de Arquitectura, como mínimo, o 60 % dos créditos necesarios para obter o título de arquitecto.
b) Estar matriculado no curso 1999/2000 nalgunha Escola española de Arquitectura.
Arquitectos
Estar en posesión do título de arquitecto nunha Escola española de Arquitectura ou dun título de fóra do país homologado en España, obtido despois do 30 de abril de 1999.
Os estudios de destino son seleccionados polos estudantes de escolas españolas de Arquitectura como os seus preferidos para faceren prácticas profesionais, segundo os resultados da I Enquisa en liña a estudantes de Arquitectura realizada pola Fundación Arquia en 1998. A actualización dos estudios de destino realízase cada 3 anos a través dunha enquisa en liña.
Os estudios participantes na presente convocatoria, cos cales a Fundación Arquia acordou a admisión de bolseiros en réxime de prácticas, son os seguintes:
Madrid
Ábalos & Herreros
París
AJN Atelier Jean Nouvel
Madrid
Alberto Campo Baeza
Porto
Álvaro Siza
Barcelona
Carles Ferrater
Madrid
Eduardo Souto de Moura
Barcelona
EMBT Arquitectos
Barcelona
Estudio Carme Pinós
Londres
FOA
Londres
Foster and Partners
Sevilla
G. Vázquez Consuegra
Basilea
Herzog & De Meuron
Barcelona
Josep Llinàs
Madrid
Juan Navarro Baldeweg
A Coruña
Manuel Gallego
Rotterdam
MVRDV
Rotterdam
OMA
Pamplona
Patxi Mangado
Madrid
Rafael Moneo
Madrid
Vicens-Ramos
Apertura da convocatoria: 1 de xaneiro de 2000
Período de inscrición: do 1 de xaneiro ao 30 de abril de 2000
Resultados: primeira semana de xullo de 2000
Acto de entrega: outubro de 2000
Convócanse 20 bolsas pola modalidade de expediente académico. Para asegurar unha axeitada distribución xeográfica das bolsas, ponderarase proporcionalmente ao número de inscricións válidas recibidas por centro e modalidade.
Expediente académico
Os candidatos serán seleccionados en virtude do seu expediente académico. Isto valorarase pola media das notas obtidas nas materias superadas na carreira, así como pola media das notas obtidas nas materias superadas en Proxectos (para este efecto, teranse en conta todas as que dependan do Departamento de Proxectos Arquitectónicos). Estas notas medias serán calculadas polo solicitante, tal e como se especifica no Anexo das Bases.
Realizarase no impreso que se poderá obter en calquera oficina da Caja de Arquitectos, en Internet (www.arquired.es/fundacion)) e nas Escolas de Arquitectura de España. A solicitude presentarase en calquera oficina da Caja de Arquitectos ou remitiráselle á sede da Fundación Caja de Arquitectos, rúa Arcs, número 1, 08002 Barcelona (correo electrónico: fundacion@arquired.es).
10 de maio de 2000 ás 12 h do mediodía
10 de maio de 2000 ás 12 h do mediodía