IÑAKI ÁBALOS
Iñaki Ábalos (San Sebastián, 1956) é arquitecto pola Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid (ETSAM), doutor arquitecto e catedrático de Proxectos arquitectónicos na ETSAM. Foi Kenzo Tange Professor (2009), e desde o 2010 é profesor convidado na Graduate School of Design (GSD) da Universidade de Harvard. Socio fundador de Ábalos&Herreros (1984- 2006) e de Ábalos+Sentkiewicz arquitectos, é membro do comité científico do centro de estudos do Canadian Centre for Architecture (CCA) de Montreal (desde o 2005) e do Consello de Dirección do Barcelona Institute of Architecture (desde o 2008). É director do Laboratorio de Técnicas e Paisaxes Contemporáneas (dende o 2002) e en 2009 o Royal Institute of British Architects (RIBA) concedeulle a súa adhesión internacional. Foi profesor na Architectural Association (Londres), a EPF (Lausana) e nas universidades estadounidenses de Columbia, Princeton e Cornell. É autor de Le Corbusier. Rascacielos (Concello de Madrid, 1988), Técnica y arquitectura (Nerea, Madrid, 1992) e Natural artificial (ExitLMI, Madrid, 1999), con Juan Herreros; e La buena vida (Editorial Gustavo Gili, Barcelona, 2000), os dous tomos de Atlas pintoresco (Editorial Gustavo Gili, Barcelona, 2005 e 2007), da monografía Alejandro de la Sota (Fundación Caja de Arquitectos, Barcelona, 2009; con Josep Llinàs e Moisés Puente), e editor de Naturaleza y artificio (Editorial Gustavo Gili, Barcelona, 2009).