-
Becas y convocatorias
Poderán optar á bolsa aqueles estudantes de Arquitectura e arquitectos novos con nacionalidade española ou cidadáns con permiso de residencia en España que, na data de finalización da entrega de solicitudes, reúnan os seguintes requisitos:
Estudantes
a) Ter superados, nalgunha Escola española de Arquitectura, como mínimo, o 60 % dos créditos necesarios para obter o título de arquitecto.
b) Estar matriculado no curso 2002/2003 nalgunha Escola española de Arquitectura.
Arquitectos
Estar en posesión do título de arquitecto nunha Escola española de Arquitectura ou dun título de fóra do país homologado en España, obtido despois do 30 de abril de 2002.
Non poderán optar á bolsa aqueles candidatos que xa gozaran dunha bolsa da Fundación Arquia nunha convocatoria anterior.
Os estudios de destino son seleccionados polos estudantes de Escolas españolas de Arquitectura como os seus preferidos para faceren prácticas profesionais, segundo os resultados da II Enquisa en liña a estudantes de Arquitectura realizada pola Fundación Arquia en 2002. A actualización dos estudios de destino realízase cada 3 anos a través dunha enquisa en liña.
Os estudios participantes na presente convocatoria, cos cales a Fundación Arquia acordou a admisión de bolseiros en réxime de prácticas, son os seguintes:
Madrid
Ábalos & Herreros
París
AJN Atelier Jean Nouvel
Madrid
Alberto Campo Baeza
Porto
Álvaro Siza
Barcelona
Carles Ferrater
Sevilla
Cruz y Ortiz Arquitectos
París
DPA Dominique Perrault Architecte
Barcelona
EMBT Arquitectos
Madrid
Emilio Tuñón Arquitectos
Barcelona
Estudio Carme Pinós
Londres
FOA
Londres
Foster and Partners
Sevilla
G. Vázquez Consuegra
Basilea
Herzog & De Meuron
Barcelona
Josep Llinàs
Madrid
Juan Navarro Baldeweg
A Coruña
Manuel Gallego
Rótterdam
MVRDV
Rótterdam
OMA
Madrid
Rafael Moneo
Apertura da convocatoria: 1 de xaneiro de 2003
Período de inscrición: do 1 de xaneiro ao 30 de abril de 2003
Resultados: primeira semana de xullo de 2003
Acto de entrega: outubro de 2003
Existen dúas modalidades de participación: expediente académico e concurso. Pode optarse por participar nunha delas ou en ambas as dúas simultaneamente. Convócanse 10 bolsas para cada modalidade. Para asegurar unha axeitada distribución xeográfica das bolsas, ponderarase proporcionalmente ao número de inscricións válidas recibidas por centro e modalidade.
Expediente académico
Os candidatos serán seleccionados en virtude do seu expediente académico. Isto valorarase pola media das notas obtidas nas materias superadas na carreira, así como pola media das notas obtidas nas materias superadas en Proxectos (para este efecto, teranse en conta todas as que dependan do Departamento de Proxectos Arquitectónicos). Estas notas medias serán calculadas polo solicitante, tal e como se especifica no Anexo I das Bases.
Concurso 2003
Os estudantes serán seleccionados en virtude do material presentado a concurso.
A información pódese editar ata o día no que finalicen as inscricións.
Expediente académico
Unha vez realizada a inscrición, acceder a área privada de usuario inserindo o correo electrónico e contrasinal e introducir a media das notas descritas anteriormente na caixa habilitada para tal fin (apartado bolsas, opción "editar participación").
Posteriormente requiriráselles aos preseleccionados o PDF do expediente académico.
Concurso 2003: 'Público-privado: una injerencia’
Unha vez realizada a inscrición, acceder a área privada de usuario inserindo o correo electrónico e contrasinal e achegar e completar os campos obrigatorios.
Material requirido:
Máximo 3 DIN A-3, coa memoria incluída nos plans (máxima extensión 1 DIN A-4).
A presentación deberá ser a título individual. Para asegurar o anonimato do participante perante o xurado, o material entregado debe omitir os datos persoais e incluír, de forma clara e visible, o lema elixido polo concursante e a súa escola de orixe. O devandito lema deberá constar tamén na solicitude contida na páxina www.arquired.es/becas, que deberá ser enviada por Internet. O veredicto do xurado será inapelable.
A entrega do material requirido para o concurso efectuarase en calquera oficina da Caixa de Arquitectos ou remitirase á sede da Fundación Arquia (calle Arcs, núm. 1, 08002 Barcelona, correo electrónico: becas@arquia.es). O material enviado antes da data límite e non recibido na Fundación dentro dos sete días seguintes non será obxecto de consideración.
A Fundación non se responsabiliza de material perdido ou danado. As propostas que se presenten non se devolverán. A Fundación resérvase o dereito á reprodución e/ou exposición total ou parcial do material entregado.
30 de abril de 2003 ás 12 h do mediodía
30 de abril de 2003 ás 12 h do mediodía
Iñaki Ábalos (San Sebastián, 1956) é arquitecto pola Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid (ETSAM), doutor arquitecto e catedrático de Proxectos arquitectónicos na ETSAM. Foi Kenzo Tange Professor (2009), e desde o 2010 é profesor convidado na Graduate School of Design (GSD) da Universidade de Harvard. Socio fundador de Ábalos&Herreros (1984- 2006) e de Ábalos+Sentkiewicz arquitectos, é membro do comité científico do centro de estudos do Canadian Centre for Architecture (CCA) de Montreal (desde 2005) e do Consello de Dirección do Barcelona Institute of Architecture (desde o 2008). É director do Laboratorio de Técnicas e Paisaxes Contemporáneas (dende o 2002) e en 2009 o Royal Institute of British Architects (RIBA) concedeulle a súa adhesión internacional. Foi profesor na Architectural Association (Londres), na EPF (Lausana) e nas universidades estadounidenses de Columbia, Princeton e Cornell. É autor de Le Corbusier. Rascacielos (Concello de Madrid, 1988), Técnica y arquitectura (Nerea, Madrid, 1992) e Natural artificial (ExitLMI, Madrid, 1999), con Juan Herreros; e La buena vida (Editorial Gustavo Gili, Barcelona, 2000), os dous tomos de Atlas pintoresco (Editorial Gustavo Gili, Barcelona, 2005 e 2007), da monografía Alejandro de la Sota (Fundación Caja de Arquitectos, Barcelona, 2009; con Josep Llinàs e Moisés Puente), e editor de Naturaleza y artificio (Editorial Gustavo Gili, Barcelona, 2009).
'Trabajo, naturaleza y ocio'
O mantemento dun parque natural esixe a creación dunha pequena «Casa do Parque» con cinco despachos, dúas áreas de secretaría, unha sala de reunións, aseos e vestiario, pequena cociña e comedor, área de exposición, área de almacenamento, con superficies para cada unha destas actividades á volta dos 15-20 m2 (240 m2). Ademais, prevese unha área de descanso e recepción de visitantes de 50 m2 e un garaxe para dous vehículos todo terreo, todo isto nunha planta (total 350 m2).
A «Casa do Parque» será un pavillón nun parque natural da comunidade autónoma onde reside o candidato, localizado nun lugar accesible, pero non necesariamente predominante neste. Deberá expresar, de forma moi económica e sintética, as relacións que a sociedade contemporánea establece co medio natural e as posibilidades que as novas formas de organización do traballo abren para repensar o espazo laboral sen recorer nin á planta libre nin a esquemas de corredor e células.