arrow-circle-down arrow-circle-left arrow-circle-up arrow-down arrow-left arrow-line-right arrow-right arrow-up ballon close facebook filter glass lock menu phone play point q question search target twitter
X

Área profesional / Convocatorias

Bolsas 2008

arquia/bolsas convocatoria 2008

IX CONVOCATORIA CONCURSO ARQUIA/BOLSAS

20 bolsas para a realización de prácticas profesionais en estudios europeos de Arquitectura

 

  • Bases
  • A Fundación Arquia, atendendo ao valor formativo que supoñen o coñecemento práctico da profesión e a mobilidade xeográfica, convoca a IX edición do concurso arquia/bolsas, pola que concede 20 bolsas dirixidas a estudantes nos últimos anos da carreira e a arquitectos novos recén titulados, destinadas á realización de prácticas profesionais en estudios europeos de Arquitectura.

    • Candidatos
    • Poderán optar á bolsa aqueles estudantes de Arquitectura e arquitectos novos con nacionalidade española ou cidadáns con permiso de residencia en España que, na data de finalización da entrega de solicitudes, reúnan os seguintes requisitos:
      Estudantes
      a) Ter superados, nalgunha Escola española de Arquitectura, como mínimo, o 60 % dos créditos necesarios para obter o título de arquitecto.
      b) Estar matriculado no curso 2007/2008 nalgunha Escola española de arquitectura.
      Arquitectos
      Estar en posesión do título de arquitecto nunha Escola española de Arquitectura ou dun título de fóra do país homologado en España, obtido despois do 30 de abril de 2007.
      Non poderán optar á bolsa aqueles candidatos que xa gozaran dunha bolsa da Fundación Arquia nunha convocatoria anterior.

    • Destinos. Estudios participantes
    • Os estudios de destino son seleccionados polos estudantes de escolas españolas de Arquitectura como os seus preferidos para faceren prácticas profesionais, segundo os resultados da III Enquisa en liña a estudantes de Arquitectura realizada pola Fundación Arquia en 2005. A actualización dos estudios de destino realízase cada 3 anos a través dunha enquisa en liña.
      Os estudios participantes na presente convocatoria, cos cales a Fundación Arquia acordou a admisión de bolseiros en réxime de prácticas, son os seguintes:

      Madrid
      Ábalos+Sentkiewicz Arquitectos

      París
      AJN Atelier Jean Nouvel

      Madrid
      Alberto Campo Baeza

      Porto
      Álvaro Siza

      Barcelona
      Carles Ferrater

      Sevilla
      Cruz y Ortiz Arquitectos

      Londres
      David Chipperfield Architects

      Barcelona
      EMBT Arquitectos

      Madrid
      Emilio Tuñón Arquitectos

      Barcelona
      Estudio Carme Pinós

      Londres
      FOA

      Londres
      Foster and Partners 

      Madrid
      Herreros Arquitectos

      Basilea
      Herzog & de Meuron

      Rotterdam
      MVRDV

      Madrid
      NO.MAD Arquitectos. S.L.

      Rotterdam
      OMA

      Pamplona
      Patxi Mangado

      Madrid
      Rafael Moneo

      Olot
      RCR Aranda Pigem Vilalta

    • Calendario
    • Apertura da convocatoria: 1 xaneiro 2008
      Período de inscrición: 1 de xaneiro ao 30 de abril de 2008
      Resultados: primeira semana de xullo de 2008
      Acto de entrega: outubro de 2008

    • Modalidades de participación
    • Existen dúas modalidades de participación: expediente académico e concurso. Pode optarse por participar nunha delas ou en ambas as dúas simultaneamente. Convócanse 10 bolsas para cada modalidade. Para asegurar unha axeitada distribución xeográfica das bolsas, ponderarase proporcionalmente ao número de inscricións válidas recibidas por centro e modalidade.
      Expediente académico
      Os candidatos serán seleccionados en virtude do seu expediente académico. Isto valorarase pola media das notas obtidas nas materias superadas na carreira, así como pola media das notas obtidas nas materias superadas en Proxectos (para este efecto, teranse en conta todas as que dependan do Departamento de Proxectos Arquitectónicos). Estas notas medias serán calculadas polo solicitante, tal e como se especifica no Anexo I das Bases.
      Concurso 2008
      Os estudantes serán seleccionados en virtude do material presentado a concurso.

    • Documentación e envío
    • A información pódese editar ata o día no que finalicen as inscricións.
      Expediente académico
      Unha vez realizada a inscrición, acceder a área privada de usuario inserindo o correo electrónico e contrasinal e introducir a media das notas descritas anteriormente na caixa habilitada para tal fin (apartado bolsas, opción "editar participación")
      Posteriormente requiriráselles aos preseleccionados o PDF do expediente académico.

      Concurso 2008: '150%’
      Unha vez realizada a inscrición, acceder a área privada de usuario inserindo o correo electrónico e contrasinal e achegar e completar os campos obrigatorios.
      Material requirido:
      PowerPoint formado por 20 diapositivas, incluirase a totalidade da documentación: diagramas, andares, alzados, perspectivas, fotomontaxes, fotografías de maquetas, memoria, etc._ Entre estes documentos deberá estar unha imaxe fotográfica do “antes” (100 %) e fotomontaxe do “despois” (150 %).
      O tamaño máximo do arquivo PowerPoint será de 5 Mb.

      Non se aceptarán propostas presentadas por outro medio que non sexa Internet ou recibidas unha vez clausurada a convocatoria. A presentación deberá ser a título individual. Para asegurar o anonimato do participante perante o xurado, os arquivos enviados deberán omitir os datos persoais. O material entregado debe incluír, de xeito claro e visible, o lema elixido polo concursante e a súa escola de orixe. O veredicto do xurado será inapelable. A Fundación resérvase o dereito á reprodución e/ou exposición total ou parcial das propostas presentadas ao concurso.

  • Inscrición
  • A inscrición ao concurso arquia/bolsas só pode realizarse a través do sistema de inscrición en liña, enchendo o formulario habilitado.

    Para facilitar o proceso de inscrición podes gardar o estado da inscrición en calquera momento e seguir noutro momento.

  • Data límite de inscrición
  • 30 de abril de 2008 ás 12h do mediodía

  • Data límite envío documentación
  • 30 de abril de 2008 ás 12h do mediodía

  • Xurado
  • O xurado estará composto por:

    José Antonio Sosa Diaz-Saavedra

    Arquitecto pola Universidade Politécnica de Madrid, doutor arquitecto e catedrático de Proxectos Arquitectónicos da ULPGC, visiting scholar na Universidade de Harvard, 2000, guest critic na ETH de Zurich, Studio Basel, 2005. Membro de nred arquitectos. Membro de LIP(a)

    A súa obra profesional foi publicada en numerosas revistas especializadas: Quaderns, BASA, Arquitectura (Madrid), Architecti, ON, Arquitectura Viva, Arquitectos, Domus China… así como en: “Guía de Arquitectura de España 1920-2000” Edit. Tanais e na “Guía de Arquitectura Española 1929-1996” ( Edit .Actar ) “Lo moderno en España" de Gabriel Ruiz Cabrero (Edit. Tanais 2001). Tamén no "Diccionario Metápolis de Arquitectura Avanzada" ( Edit. Actar 2002) Spanish Architecture, ed Padura, 2008.

    Formou parte de exposicións colectivas como a organizada pola Eight Floor Gallery co lema Hard & Soft (Nova York, 1997) comisariada por Ana Maria Torres, Uno es Siempre Dos no Colexio de Arquitectos de Tenerife, comisariada por Clara Muñoz en 2001. Espacios de Intimidad, Sala los Aljibes, Lanzarote 2003, Sede dos Órganos Xudiciais CAAM, 2004, Arquitectura para la Justicia, COAC, Madrid, 2005, Bienal de DakÁrt 2004 , Bienal de Arquitectura de Sao Paulo, Brasil, outubro de 2005 e a exposición individual, nred arquitectos, en decembro de 2006 

  • Tema Concurso 2008
  • '150%'

    Reducir o consumo do solo, o consumo dos novos territorios, sen diminuír o crecemento de poboación dá como resultado matemático aumentar a densidade das áreas edificadas. Esta fórmula normalmente tradúcese en aumentar a altura dos edificios novos substituíndo o existente ou, alternativamente, creando novas áreas de expansión. Pero que acontece coa cidade xa construída? Pódese actuar sobre ela baixo estas premisas sen necesidade de demoler o anterior?

    Reciclar é dotar de nova vida ao vello. Moitas áreas urbanas de baixa densidade soportarían ou mellorarían as súas condicións coa inxección de novos espazos habitacionais ou co incremento de superficie das vivendas existentes destinadas a mellorar as condicións sociais dos seus habitantes. Áreas de pouco uso, baleiras, sen a densidade necesaria para xerar vida urbana: cascos históricos pouco densos, urbanizacións axardinadas, ensanches de baixa altura, polígonos de vivenda...

    A reflexión xeral que se propón parte da aplicación desta cuestión a áreas xa construídas. Actuar sobre edificios existentes colonizando as súas cubertas, suspender ou engrosar as súas fachadas e proporcionarlles espazos habitados, construír baixo novas ópticas de maior densidade en espazos específicos de calquera cidade... superpoñer; inxectar novas densidades a áreas urbanas: aumentar as súas densidades de edificación nun 150% ese é o obxectivo proposto, sen perder de vista que a razón última é a reciclaxe da cidade existente; aforro no consumo de novos solos. Comprender que unha alternativa á sustentabilidade medioambiental dos solos é reutilizar os existentes de xeito máis intensivo. Algo así como o que ocorre cos folios. Mellor usalos polas dúas caras que limitarse a usar os reciclados por unha soa…

    Localización

    Elixirase unha situación idónea na cidade de orixe ou de acollida. Ao seleccionar a localización, deberá analizar as condicións de densidade actuais. Propoñer alternativas para superpoñer novas densidades de edificación. Mellorar as condicións dos espazos públicos. Xerar novos espazos de encontro. Aínda que a área seleccionada poida abranguer un contorno amplo: unha praza, unha rúa ou o espazo entre edificios... do que se trata finalmente é de desenvolver unha ampliación específica nun edificio específico. É interesante ofrecer a imaxe xeral nunha fotomontaxe, ou en debuxos, pero insístese nisto, trátase do desenvolvemento dun proxecto concreto sobre unha edificación específica.

    Algunhas referencias para concretar un pouco máis as cuestións.

    Nos sesenta, Jean Louis Chaneac avanzaba as súas propostas para unha arquitectura insurreccional baseada na rebeldía contra a máquina burocrática e no fomento da construción de "células pirata" que, ao colgarse das fachadas que existían nos polígonos de vivenda ou ao instalarse como parasitos clandestinos nas cubertas destes edificios, invadían literalmente, coma un fungo incontrolado, as súas superficies. Para el, tratábase dunha proposta do que denominou "anarco-arquitecturalismo"; movemento promotor dunha insurrección a favor da mellora das condicións de vida dos inquilinos por incremento notábel das súas superficies.

    Máis recentemente, Lacaton e Vassal proxectan e executan actuacións sobre polígonos de vivenda encamiñadas á súa rehabilitación e extensión. Unha alta porcentaxe alta das nosas vivendas das nosas cidades forman parte dos polígonos industriais que se desenvolveron principalmente desde a Segunda Guerra ata os anos oitenta. Moitos destes complexos residenciais non cumpren as condicións de vida máis axeitadas na actualidade. A proposta de Lacaton e Vassal trata de mellorar as súas condicións mediante a construción de peles habitadas de certa espesura.

    Mais non é só en actuacións sobre polígonos de vivenda onde pode atoparse a aplicación, aínda que certamente reducida, desta investigación sobre os principios simultáneos de transformación e incremento da densidade. Tamén na propia cidade consolidada. Por referir algún exemplo recente, este sería o caso da proposta Roof-Top Urbanism do equipo chinés Urbanus en que encabalgan nova edificación sobre o existente...

    Proposta

    Trátase de reflexións que nos interesan hoxe a todos, que constitúen un camiño para investigar sempre desde a premisa inicial de que o obxectivo último sería o da redución de consumo de chan, da preservación do territorio e, asemade, da reciclaxe do existente.

    Respecto ao nivel das investigacións e traballos, estes deberían mostrar a incidencia das novas densidades sobre a edificación existente á vez que apuntan cara aos modelos de habitabilidade propostos atendendo ao seu sistema construtivo e estrutural, especialmente no relativo á interrelación coas estruturas existentes; ao particular sistema de adición proposto. Quer con módulos de pouco peso que empreguen materiais lixeiros, en liña con certa prefabricación lixeira, do tipo do Loft Cube de Werner Aisslinger, quer de elementos existentes no mercado, do tipo contedores ou sistemas máis integrais onde a propia estrutura sirva de armazón-soporte das células de habitabilidade.

    O espazo doméstico novo, que se suma ao existente, pode formularse como ampliación dos espazos habitacionais incluídos nos edificios que se toman como base de traballo, ou ben como células de aloxamento pensadas para un usuario novo, máis fáciles de imaxinar en contextos de transformación e reciclaxe como os que se tratan de atinxir.