-
Becas y convocatorias
Poderán optar á bolsa aqueles estudantes de Arquitectura e arquitectos novos con nacionalidade española ou cidadáns con permiso de residencia en España que, na data de finalización da entrega de solicitudes, reúnan os seguintes requisitos:
Estudantes
a) Ter superados, nalgunha Escola española de Arquitectura, como mínimo, o 60 % dos créditos necesarios para obter o título de arquitecto.
b) Estar matriculado no curso 2010/2011 nalgunha Escola española de Arquitectura.
Arquitectos
Estar en posesión do título de arquitecto nunha Escola española de Arquitectura ou dun título de fóra do país homologado en España, obtido despois do 30 de abril de 2010.
Non poderán optar á bolsa aqueles candidatos que xa gozaran dunha bolsa da Fundación Arquia nunha convocatoria anterior.
Os estudios de destino son seleccionados polos estudantes de escolas españolas de Arquitectura como os seus preferidos para faceren prácticas profesionais, segundo os resultados da IV enquisa en liña a estudantes de Arquitectura realizada pola Fundación Arquia en 2008. A actualización dos estudios de destino realízase cada 3 anos a través dunha enquisa en liña.
Os estudios participantes na presente convocatoria, cos cales a Fundación Arquia acordou a admisión de bolseiros en réxime de prácticas, son os seguintes:
Madrid
Ábalos+Sentkiewicz Arquitectos
Madrid
Alberto Campo Baeza
Porto
Álvaro Siza
Londres
AZPML. A. Zaera-Polo M. Llaguno Architecture
Barcelona
Carles Ferrater
Sevilla
Cruz y Ortiz Arquitectos
París
DPA Dominique Perrault Architecte
Barcelona
EMBT Arquitectos
Madrid
Emilio Tuñón Arquitectos
Barcelona
Estudio Carme Pinós
Londres
Foster and Partners
Madrid
Herreros Arquitectos
Basilea
Herzog & de Meuron
París
Lacaton & Vassal Architectes
Rotterdam
MVRDV
Madrid
Nieto Sobejano, Arquitectos
Madrid
NO.MAD Arquitectos. S.L.
Pamplona
Patxi Mangado
Madrid
Rafael Moneo
Olot
RCR Aranda Pigem Vilalta
Apertura da convocatoria: 1 de xaneiro de 2011
Período de inscrición: do 1 de xaneiro ao 30 de abril de 2011
Resultados: primeira semana de xullo de 2011
Acto de entrega: outubro de 2011
Existen dúas modalidades de participación: expediente académico e concurso. Pode optarse por participar nunha delas ou en ambas as dúas simultaneamente. Convócanse 10 bolsas para cada modalidade. Para asegurar unha axeitada distribución xeográfica das bolsas, ponderarase proporcionalmente ao número de inscricións válidas recibidas por centro e modalidade.
Expediente académico
Os candidatos serán seleccionados en virtude do seu expediente académico. Isto valorarase pola media das notas obtidas nas materias superadas na carreira, así como pola media das notas obtidas nas materias superadas en Proxectos (para este efecto, teranse en conta todas as que dependan do Departamento de Proxectos Arquitectónicos). Estas notas medias serán calculadas polo solicitante, tal e como se especifica no Anexo I das Bases.
Concurso 2011
Os estudantes serán seleccionados en virtude do material presentado a concurso.
A información pódese editar ata o día no que finalicen as inscricións.
Expediente académico
Unha vez realizada a inscrición, acceder a área privada de usuario inserindo o correo electrónico e contrasinal e introducir a media das notas descritas anteriormente na caixa habilitada para tal fin (apartado bolsas, opción "editar participación").
Posteriormente requiriráselles aos preseleccionados o PDF do expediente académico.
Concurso 2011: 'Azar y necesidad’
Unha vez realizada a inscrición, acceder a área privada de usuario inserindo o correo electrónico e contrasinal e achegar e completar os campos obrigatorios.
Material requirido:
Documento en formato PDF que conteña exclusivamente a seguinte documentación: -Andares -Alzados -Sección lonxitudinal -Unha imaxe tridimensional (ou foto da maqueta seccionada) que explique mellor o proxecto.
O tamaño máximo do arquivo PDF será de 5 MB.
Non se aceptarán propostas presentadas por outro medio que non sexa Internet ou recibidas unha vez clausurada a convocatoria. A presentación deberá ser a título individual. Para asegurar o anonimato do participante perante o xurado, os arquivos enviados deberán omitir os datos persoais. O material entregado debe incluír, de xeito claro e visible, o lema elixido polo concursante e a súa escola de orixe. O veredicto do xurado será inapelable. A Fundación resérvase o dereito á reprodución e/ou exposición total ou parcial das propostas presentadas ao concurso.
A inscrición ao concurso arquia/bolsas só pode realizarse a través do sistema de inscrición en liña, enchendo o formulario habilitado.
Para facilitar o proceso de inscrición podes gardar o estado da inscrición en calquera momento e seguir noutro momento.
30 de abril de 2011 ás 12h do mediodía
30 de abril de 2011 ás 12h do mediodía
FUENSANTA NIETO e ENRIQUE SOBEJANO son arquitectos titulados pola Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid e pola Universidade de Columbia de Nova York, EE. UU.
Son profesores de Proxectos da Escola de Arquitectura da Universidade Europea de Madrid (UEM) e da Universität der Künste de Berlín (UdK), respectivamente, e socios fundadores de Nieto Sobejano Arquitectos, S.L.
Foron relatores e/ou profesores visitantes en diversas universidades e institucións españolas e internacionais.
Foron directores da Revista ARQUITECTURA do Colexio Oficial de Arquitectos de Madrid, (1986-91).
A súas obras e proxectos publicáronse en diversas publicacións españolas e internacionais e formaron parte de distintas exposicións.
'Azar y necesidad'
A arquitectura é resultado sempre dunha interpretación de múltiples circunstancias aparentemente inconexas. Vémonos constantemente obrigados a traballar dentro de límites, necesarios ou azarosos, que fan posible que feitos dispersos e arbitrarios só esixan unha idea que os explique. O obxectivo do traballo é desenvolver un proxecto pequeno en dimensións, pero complexo na súas limitacións, experimentando co concepto de vivenda como resultado das condicións específicas do lugar elixido e dun dobre programa funcional fixado aleatoriamente.
Os límites a respectar son os seguintes:
1. Un soar en Berlín, entre medianeiras, profundo e estreito, de
5,00 m de largura e 30 m de lonxitude, situado entre unha rúa e un patio interior de quinteiro.
2. Un programa de dúas vivendas independentes entre si que cada participante proxectará elixindo dous de entre os seguintes usuarios:
-Unha persoa cega que vive soa e toca o piano
-Unha parella maior cun can e un fillo que vive no estranxeiro
-Un novelista solteiro cunha gran biblioteca moi afeccionado a cociñar
-Unha familia con dous fillos e unha avoa que a miúdo fica na casa
-Catro estudantes Erasmus de Arquitectura, Economía, Música e Matemáticas
-Un experto informático que traballa na casa cun grande espazo de ximnasio propio
3. A superficie de cada unha das dúas vivendas poderá variar entre 75 e 150 m2 en función do programa elixido
4. O acceso público ó patio de quinteiro debe respectarse permitindo o paso de peóns actualmente en uso.
5. O arco existente pode eliminarse se así se considera.