-
Becas y convocatorias
Poderán optar á bolsa aqueles estudantes de Arquitectura e arquitectos novos con nacionalidade española ou cidadáns con permiso de residencia en España que, na data de finalización da entrega de solicitudes, reúnan os seguintes requisitos:
Estudantes
a) Ter superados, nalgunha Escola española de Arquitectura, como mínimo, o 60 % dos créditos necesarios para obter o título de arquitecto.
b) Estar matriculado no curso 2011/2012 nalgunha Escola española de Arquitectura.
Arquitectos
Estar en posesión do título de arquitecto nunha Escola española de Arquitectura ou dun título de fóra do país homologado en España, obtido despois do 30 de abril de 2011.
Non poderán optar á bolsa aqueles candidatos que xa gozaran dunha bolsa da Fundación Arquia nunha convocatoria anterior
Os estudios de destino son seleccionados polos estudantes de escolas españolas de Arquitectura como os seus preferidos para faceren prácticas profesionais, segundo os resultados da V Enquisa en liña a estudantes de Arquitectura realizada pola Fundación Arquia en 2011. A actualización dos estudios de destino realízase cada 3 anos a través dunha enquisa en liña.
Os estudios participantes na presente convocatoria, cos cales a Fundación Arquia acordou a admisión de bolseiros en réxime de prácticas, son os seguintes:
Madrid
Ábalos+Sentkiewicz Arquitectos
Madrid
Alberto Campo Baeza
Porto
Álvaro Siza
Londres
AZPML. A. Zaera-Polo M. Llaguno Architecture
Barcelona
Carles Ferrater
Sevilla
Cruz y Ortiz Arquitectos
París
DPA Dominique Perrault Architecte
Barcelona
EMBT Arquitectos
Madrid
Emilio Tuñón Arquitectos
Barcelona
Estudio Carme Pinós
Londres
Foster and Partners
Madrid
Herreros Arquitectos
Basilea
Herzog & de Meuron
París
Lacaton & Vassal Architectes
Rotterdam
MVRDV
Madrid
Nieto Sobejano, Arquitectos
Madrid
NO.MAD Arquitectos. S.L.
Pamplona
Patxi Mangado
Madrid
Rafael Moneo
Olot
RCR Aranda Pigem Vilalta
Apertura da convocatoria: 1 de xaneiro de 2012
Período de inscrición: do 1 de xaneiro ao 30 de abril de 2012
Resultados: primeira semana de xullo de 2012
Acto de entrega: outubro de 2012
Existen dúas modalidades de participación: expediente académico e concurso. Pode optarse por participar nunha delas ou en ambas as dúas simultaneamente. Convócanse 10 bolsas para cada modalidade. Para asegurar unha axeitada distribución xeográfica das bolsas, ponderarase proporcionalmente ao número de inscricións válidas recibidas por centro e modalidade.
Expediente académico
Os candidatos serán seleccionados en virtude do seu expediente académico. Isto valorarase pola media das notas obtidas nas materias superadas na carreira, así como pola media das notas obtidas nas materias superadas en Proxectos (para este efecto, teranse en conta todas as que dependan do Departamento de Proxectos Arquitectónicos). Estas notas medias serán calculadas polo solicitante, tal e como se especifica no Anexo I das Bases.
Concurso 2012
Os estudantes serán seleccionados en virtude do material presentado a concurso.
A información pódese editar ata o día no que finalicen as inscricións.
Expediente académico
Unha vez realizada a inscrición, acceder a área privada de usuario inserindo o correo electrónico e contrasinal e introducir a media das notas descritas anteriormente na caixa habilitada para tal fin (apartado bolsas, opción "editar participación").
Posteriormente requiriráselles aos preseleccionados o PDF do expediente académico.
Concurso 2012: 'Penitencia’
Unha vez realizada a inscrición, acceder a área privada de usuario inserindo o correo electrónico e contrasinal e achegar e completar os campos obrigatorios.
Material requirido:
Un DIN A-1 en formato PDF.
O tamaño máximo do arquivo PDF será de 5 MB.
Non se aceptarán propostas presentadas por outro medio que non sexa Internet ou recibidas unha vez clausurada a convocatoria. A presentación deberá ser a título individual. Para asegurar o anonimato do participante perante o xurado, os arquivos enviados deberán omitir os datos persoais. O material entregado debe incluír, de xeito claro e visible, o lema elixido polo concursante e a súa escola de orixe. O veredicto do xurado será inapelable. A Fundación resérvase o dereito á reprodución e/ou exposición total ou parcial das propostas presentadas ao concurso.
A inscrición ao concurso arquia/bolsas só pode realizarse a través do sistema de inscrición en liña, enchendo o formulario habilitado.
Para facilitar o proceso de inscrición podes gardar o estado da inscrición en calquera momento e seguir noutro momento.
30 de abril de 2012 ás 12 h do mediodía
30 de abril de 2012 ás 12 h do mediodía
Eduardo Arroyo nace en Bilbao en 1964 e gradúase como Arquitecto e Urbanista en 1988 pola ETSAM de Madrid. Desde entón é profesor e relator arredor do mundo. NO.MAD fundouse en Ámsterdam en 1989 e radica en Madrid desde 1996. Premiado varias veces, o noso traballo foi publicado e exhibido en varias linguas. Algunhas das nosas obras esenciais inclúen o estadio Lasesarre, a casa Levene, o viveiro Sondika, a praza do deserto, o Aquia Bank e a casa Zafara-Uceda, entre outros. O traballo da nosa oficina combina precisión, azar e necesidade, sempre na procura do descoñecido.
Nun momento delicado para a imaxe social da nosa profesión, reflexionar sobre como chegou a ser partícipe imprescindible do grande espolio inmobiliario pode ser un bo aviso para aqueles que aspiran a incorporarse a esta. Coñecemos o potencial da arquitectura para mellorar o mundo e crear diversas formas de estar nel, e tamén sabemos o potencial inverso da mesma en mans enfermas para destruír os nosos modos de vida e paisaxes. Coñecendo a cadea de personaxes implicados no colapso da nosa economía e a "Gran estafa" social, imos imaxinar unha arquitectura contraditoria capaz de activar o mellor da paisaxe e que serve de lugar de penitencia aos seus usuarios. Perplexos perante a impunidade que demostran coa xustiza do noso país, os implicados serán enviados a un lugar de xustiza máis avanzada e de clima extremo para que reflexionen sobre os seus excesos.
Os 7 personaxes:
Un alcalde
Un concelleiro de urbanismo
Un arquitecto
Un promotor
Un banqueiro
Un xurado de recoñecido prestixio
Un cidadán especulador
O Sitio:
Fiorde de Longyearbyen na illa de Svalbard (Noruega). 78º14'00.51"N 15º33'23.90"E
As condicións:
Aloxaranse en “minipisos” autosuficientes, produto do seu pesadelo especulador, que atendendo á peculiar idiosincrasia de cada personaxe organízanse de maneira totalmente libre e imaxinativa.
A tempada de catividade será dun ano completo, seis meses de noite (Tª media -10ºC) e seis meses de día (Tª media 0ºC).
Os encerrados deben poder contemplar a marabillosa paisaxe exterior mais non usala, deben poder verse entre eles sen tocarse, deben poder ser contemplados por múltiples tours organizados daqueles españois aos que arruinaron.
Enténdese que todos os servizos e subministracións necesarios se garanten desde a vila veciña.