Tema: 'La construcción y el lugar’
Trátase de proxectar nun parque público tres construcións de igual superficie mais de usos distintos. Os usos serán os seguintes:
1. Cafetaría – bar
2. Aseos públicos, quiosco para venta de xornais e zona de espazos de servizo.
3. Sala de exposicións
O exercicio aínda que é único pódese explicar en dúas partes: a primeira é pensar un sistema construtivo, é dicir, unha construción sen lugar.
Características:
Construción sustentable, lixeira, reciclable no posible, facilmente ampliable e desmontable con certa facilidade. (Coidarase o espesor dos pechamentos, illamentos, peso, ensamblaxes e transporte). Pode ser industrializada total ou parcialmente.
O sistema debe ser aberto que permita a súa personalización e adaptación.
A segunda é a construción dun lugar que definen:
A localización é de libre escolla, un parque escollido polo concursante que debe ser descrito e debuxado para a súa fácil comprensión, facendo explícita a súa topografía, orientacións e vexetación existente. As construcións poden ser tres pavillóns illados, enlazados, dous deles adosados ou formando un único edificio. Todos serán de planta baixa.
En calquera caso, reflexionarase e coidarase non só a relación de cada espazo proxectado co espazo exterior, senón tamén as relacións entre as construcións e a destas co espazo xerado por elas. Explicando o espazo que definen, o lugar concreto e especifico que crean no parque, facendo explícito o porqué da súa forma, a súa construción e os seus posibles usos.
Programa:
CAFETARÍA – BAR superficie 100 m² Pequena cociña Aseo privado Cuarto de limpeza e espazo de almacenamento. Na súa superficie non se contabilizan os saíntes que pode ter o edificio. Permítese que as mesas ocupen a beira exterior do local.
SALA DE EXPOSICIÓNS: superficie 100 m² Espazo expositivo Almacén e aseo mínimo.
ASEOS PÚBLICOS - INFORMACIÓN E INSTALACIÓNS XERAIS - QUIOSCO DE XORNAIS Aseos públicos, 2 inodoros (1 adaptado) tanto feminino coma masculino Urinarios e lavabos (superficie total aproximada 25 m² ) Almacén. Cuarto de instalacións xerais, cuarto de superficie mínima para o persoal. Quiosco: pequeno aseo e almacén. Superficie máxima 50 m² Enténdese que os aseos son para darlles servizo aos 3 usos creados.
Reflexionarase sobre e describirase o clima; é dicir, a atmosfera que se desexa crear en cada espazo e a súa relación co parque e coa luz.
En todos os documentos irá indicado claramente só o lema.
O veredicto do xurado será inapelable.
Non se aceptarán propostas presentadas por outro medio que non sexa Internet ou recibidas unha vez clausurada a convocatoria.
A presentación deberá ser a título individual. Para asegurar o anonimato do participante perante o xurado, os arquivos enviados deberán omitir os datos persoais.
A Fundación resérvase o dereito á reprodución e/ou exposición total ou parcial das propostas presentadas ao concurso.