-
Becas y convocatorias
Eduardo Souto de Moura naceu no Porto (Portugal) o 25 de xullo de 1952.
Licenciouse en Arquitectura pola Escola Superior de Belas Artes do Porto en 1980.
Colaborou co arquitecto Noé Dinis en 1974.
Colaborou co arquitecto Álvaro Siza Vieira dende 1975 ata 1979.
Colaborou co arquitecto Fernandes de Sá dende 1979 ata 1980.
De 1981 a 1991 traballou como profesor asistente do curso de Arquitectura na FAUP.
Comezou a súa actividade como profesional liberal en 1980.
Traballou como profesor convidado en París-Belleville, Harvard, Dublín, Zúric, Lausana e Mantua.
Recibiu varios premios e participou en varios seminarios e conferencias en Portugal e no estranxeiro. No ano 2011 recibiu o Premio Pritzker; no 2013, o Premio Wolf, e no 2017, o Premio Piranesi.
João Luís Carrilho da Graça (Portalegre, 1952) Licenciouse en Arquitectura na Escola Superior de Belas Artes de Lisboa en 1977 e dende entón dirixe o seu propio taller. Foi asistente na Facultade de Arquitectura da Universidade Técnica de Lisboa entre 1977 e 1992, onde ensinou alternativamente a materia de Proxecto no primeiro e no último ano curricular.
O 9 de xullo de 1999 foi nomeado Gran-Oficial da Orde do Mérito.
É profesor convidado no Departamento de Arquitectura da Universidade Autónoma de Lisboa dende 2001 e no Departamento de Arquitectura da Universidade de Évora dende 2005. Foi tamén profesor convidado na Escola de Arquitectura da Universidade de Navarra entre 2007 e 2010.
Foi profesor convidado a seminarios e conferencias sobre o seu traballo en diversas universidades, especialmente en Barcelona, Sevilla, Lisboa, Roma, Milán, Turín, Verona, Cidade de México, Viena, Aquisgrán (Alemaña) e Porto.
Ponte Visconteo. Valeggio Sul Mincio, Italia
Programa:
Hai unhas semanas visitei en París unha exposición de arquitectura moi interesante sobre o traballo do arquitecto mozo xaponés Junya Ishigami. Nunha entrevista en vídeo que acompaña a exposición, afirma (cito de memoria) que o arquitecto é un «guía turístico». Ao primeiro, esta afirmación escandalizoume. Despois, pensándoo mellor, pareceume unha idea interesante: imaxinar que os arquitectos ían viaxando e coñecendo o mundo que pouco a pouco van revelando!
Pedimos que nos mostren un sitio construído ou natural que, cun mínimo de intervención, poida configurar unha casa discreta.
«...El viejo gesto del speculum platónico, el de dividir lo real, no entre lo falso y lo verdadero, sino entre lo que efectivamente es, y las virtualidades que contiene, invisibles. Un árbol, este árbol, si no es fotografiado, sigue enviando sus imágenes; como afirma Bergson: «¿cómo no ver que la fotografía, si ella existe, ya está tomada, sacada en el interior mismo de las cosas y para todos los puntos del espacio? Ninguna metafísica, ninguna física incluso, puede sustraerse a esta conclusión». (Henri Bergson, Matière et mémoire, París, PUF, 1939, p. 22)»
José Bragança de Miranda, ph.01 – Jorge Molder: A fotografia como incisão. Lisboa, Imprensa Nacional-Casa da Moeda, 2017, p. 9