Programa:
Hai unhas semanas visitei en París unha exposición de arquitectura, moi interesante, sobre o traballo dun arquitecto xaponés novo, Junya Ishigami. Nunha entrevista en vídeo que acompaña a exposición, afirma (cito de memoria) que o arquitecto é un «guía turístico». Ao primeiro, esta afirmación escandalizoume. Despois, pensándoo mellor, pareceume unha idea interesante: imaxinar que os arquitectos ían viaxando e coñecendo o mundo que pouco e pouco van revelando!
Pedimos que nos mostren un sitio construído ou natural que, cun mínimo de intervención, poida configurar unha casa discreta.
«...O vello xesto do speculum platónico, o de dividir o real, non entre o falso e o verdadeiro, senón entre o que efectivamente é e as virtualidades que contén, invisibles. Unha árbore, esta árbore, se non é fotografada, segue a enviar as súas imaxes; como afirma Bergson: «como non ver que a fotografía, se ela existe, xa está tomada, sacada no interior mesmo das cousas e para todos os puntos do espazo? Ningunha metafísica, ningunha física mesmo, pode subtraerse a esta conclusión». (Henri Bergson, Matière et mémoire, París, PUF, 1939, p. 22)
José Bragança de Miranda, ph.01 – Jorge Molder: A fotografia como incisão. Lisboa, Imprensa Nacional-Casa da Moeda, 2017, p. 9