arrow-circle-down arrow-circle-left arrow-circle-up arrow-down arrow-left arrow-line-right arrow-right arrow-up ballon close facebook filter glass lock menu phone play point q question search target twitter
X

Área profesional / Convocatorias

Correspondentes do BLOG

II Convocatoria 2018

  • Bases
  •  O blog da Fundación Arquia xurdiu co obxectivo inicial de proporcionar un lugar de debate, pensamento e crítica sobre as inquedanzas actuais da profesión e encontro virtual dos arquitectos novos, un punto de encontro para toda a profesión, unha praza dixital ou ágora 2.0.


    Baixo esta premisa, a Fundación Arquia lanza a II convocatoria para incorporar sete novos correspondentes ao blog de Fundación Arquia para o ano 2018 (5 españois e 2 portugueses), co obxectivo de dinamizar o seu contido temático.
     Este ano, coa apertura de dúas novas oficinas de Arquia Banca en Lisboa e Porto, a Fundación Arquia abre a convocatoria a dous arquitectos e/ou estudantes de Portugal..
     Os novos correspondentes poderán publicar até un máximo de catro artigos anuais.

    Candidatos
     Poderán participar na convocatoria:

    Arquitectos titulados nunha ETS de Arquitectura española ou estranxeira
    Estudantes de Arquitectura dunha ETS de Arquitectura española ou estranxeira

    É condición indispensable que o candidato poida emitir factura. As linguas oficiais de escritura para os artigos serán o español e o portugués.

    Calendario
    Anuncio e apertura da convocatoria: 5 de marzo de 2018
    Data de envío do material: do 5 de marzo ao 6 de abril de 2018
    Data límite para o envío da documentación: 6 de abril de 2018 ás 12.00 do mediodía
    Reflexión e análise das propostas: do 6 de abril ao 4 de maio de 2018
    Resolución da convocatoria: a partir do 28 de maio de 2018

    Documentación e envío
     Para asegurar o anonimato do candidato ante o xurado, os arquivos enviados non deberán incluír datos persoais. Á parte dos campos obrigatorios do formulario de inscrición, débese achegar nos campos habilitados no propio formulario dous arquivos PDF:

     1 arquivo PDF co contido seguinte:


     A. Un artigo rematado e listo para publicar (páxina 1/2)
     O artigo debe ser inédito e terá como autor único a persoa seleccionada na convocatoria. Debe conter entre 450-500 palabras (menos dun A4 en Arial 10).

     B. Proposta de catro títulos de artigos (páxina 2/2)
     Proposta de títulos para 4 artigos publicables (incluído o artigo A) ao longo do ano 2018 en que se indique a sección a que pertencerían, 4 palabras chave ou etiquetas para cada un e unha breve descrición de 140 caracteres como máximo.

     1 arquivo PDF cun breve CV (1 páxina)

    Para máis información, ver bases.

     

  • Inscrición
  • A inscrición á convocatoria só se poderá realizar en liña dende a plataforma da Fundación Arquia. Para poder iniciar a inscrición, necesitarase previamente acreditación na plataforma para aqueles que non sexan usuarios FQ ou que aínda non estean acreditados. Acreditación usuario FQ.

    Unha vez acreditados, poderán acceder ao formulario de inscrición dende o botón Inscrición.

    Unha vez enviado o formulario coa documentación requirida, o candidato recibirá un correo en que se confirme o seu correcto envío.

  • Data límite de inscrición e envío de documentación
  • 6 de abril de 2018 ás 12.00 do mediodía 13 de abril de 2018 a las 12:00 del mediodía

  • Xurado
  • O xurado estará composto por:

    SANTIAGO DE MOLINA

    Correspondente do blog da Fundación Arquia e «Múltiples Estrategias de Arquitectura»

    Santiago de Molina, arquitecto pola ETSAM 1997 e doutor arquitecto pola UPM 2001 cunha tese sobre colaxe e arquitectura pola que recibiu o premio extraordinario de doutoramento da UPM.
    Arquitecto e docente; fai convivir a divulgación e o ensino da arquitectura, o traballo na súa oficina e o blog Múltiples Estrategias de Arquitectura.

    DOMENICO DI SIENA

    Arquitecto e urbanista

    Domenico Di Siena é de formación arquitecto e urbanista. Desenvolve a súa actividade profesional como investigador, consultor e promotor de proxectos de deseño social, innovación urbana, network thinking e xestión do coñecemento. Autor do blog Urbano Humano.

    ANA LUISA SOARES

    Arquitecta en FALA ATELIER

    Ana Luisa Soares (Porto, 1988), arquitecta portuguesa pola Facultade de Arquitectura do Porto (Portugal) e a Tokyo University (Xapón).
    Cofundadora e socia de fala atelier xunto con Filipe Magalhães dende o ano 2013.

    ÁNGELA BARRIOS

    Patroa e representante da Fundación Arquia

    Ángela Barrios, Sevilla 1970, arquitecta pola ETSA de Sevilla en 1996 e doutora arquitecta en 2001. Actualmente, profesora titular da Universidade de Sevilla.

    LORENZO BARNO

    Secretario e director editorial do blog da Fundación Arquia

    Lorenzo Barnó, Pamplona 1973, arquitecto pola ETSA de Donostia en 2003, é unha das dúas metades do blog de recoñecido prestixio Stepienybarno. Especializouse en temas como mercadotecnia online, modelos de negocio ou comunicación online, aplicados sempre ao mundo da arquitectura e aos profesionais da arquitectura.

  • Criterios de valoración
  • Proposta de artigo para publicación (6 p):
     Valorarase a calidade e interese da publicación presentada segundo os seguintes parámetros: Actitudes literarias, afinidade coa liña editorial do blog, preocupación polo colectivo dos profesionais da arquitectura, dominio da comunicación 2.0, orixinalidade e capacidade para xerar debate. Así mesmo, o atractivo do título da publicación e a capacidade para axustarse á extensión solicitada.

    Proposta de títulos para 4 artigos (4 p):
     Proposta de títulos para 4 artigos que se publicarán ao longo do ano 2018; indicarase a sección a que pertencerían, 4 palabras chave ou etiquetas para cada un, e mais unha breve descrición de 140 caracteres como máximo.

    Máis información nas bases.

Rexístrate na Fundación

Rexístrate como usuario da Fundación nos diferentes perfís de usuario