arrow-circle-down arrow-circle-left arrow-circle-up arrow-down arrow-left arrow-line-right arrow-right arrow-up ballon close facebook filter glass lock menu phone play point q question search target twitter
X

Área profesional / Convocatorias

arquia Próxima

IX Edición 2022-2023

CONVOCATORIA IBÉRICA

A Fundación Arquia, co fin de lles ofrecer apoio aos arquitectos españois e portugueses nos dez primeiros anos de exercicio profesional, presenta a VII Edición do programa bienal arquia/próxima.
Rexístrate como arquitecto PRÓXIMO e publica na web da Fundación as túas realizacións. Optarán a ser seleccionadas polo xurado da presente edición para a súa publicación nun catálogo. Ademais, poderás gañar o premio arquia/próxima dotado con 15 000 euros ou o premio arquia/innova dotado con 3000 euros.

¡Ampliado plazo de inscripción hasta el 08/01/2024!

  • Bases
  • A Fundación Arquia convoca a VII edición 2018-2019 do concurso arquia/próxima, concibido para lles ofrecer apoio aos arquitectos españois e portugueses nos dez primeiros anos de exercicio profesional e baseado na difusión, promoción e posta en valor das súas realizacións e principios como profesionais

    • Realización
    • Se habla de realizaciones con la voluntad de ir más allá de los proyectos y de las obras, y en ellas se puede incorporar cualquier actuación que realiza el arquitecto, diseñador, artista plástico o profesional de disciplina afín:  propuestas, obras para concursos, trabajos de investigación, propuestas urbanas, diseño, escenografía, restauración, etcétera

    • Candidatos
    • Poderán participar arquitectos superiores titulados en calquera das escolas técnicas superiores de arquitectura de España e Portugal, sempre que non transcorresen máis de dez anos dende a data de titulación (título obtido a partir do 1 de xaneiro de 2008 para esta edición). Os arquitectos estranxeiros con título obtido en España ou Portugal após o 1 de xaneiro de 2008 tamén poden participar. Os arquitectos con título obtido fóra de España ou Portugal após o 1 de xaneiro de 2008 e validado en España ou Portugal tamén poden participar.

    • Calendario
    • Inicio convocatoria: 18 de xaneiro de 2018
      Período de inscrición: do 18 de xaneiro de 2018 ao 9 de decembro de 2019
      Resultados: xuño de 2020
      VII Festival arquia/próxima: outubro de 2020

    • Documentación e envío
    • A información pódese anexar ou modificar ata o día que rematen as inscricións (9/12/2019 ás 12:00 do mediodía).
      Para obter máis información sobre a documentación que cómpre enviar, consulta o manual de axuda
      Tamén está dispoñible na área privada de usuario.

  • Tema
  • Punto de inflexión. Posicións radicais para un mundo en cambio.

    Vivimos nun mundo en constante mutación. Xa sexan conflitos políticos, desigualdades sociais ou desastres ecolóxicos; o planeta e a humanidade están en continuo cambio, aproximándose cada vez máis a un estado de colapso. Vivimos nun mundo globalizado e interconectado, tanto dixital como fisicamente, onde as accións diarias que realizamos no noso contorno inmediato teñen un impacto drástico noutras partes do mundo. Un «efecto bolboreta» onde pequenos cambios poden ter consecuencias imprevistas en diferentes lugares e momentos. As nosas accións diarias non só afectan a nosa contorna máis próximo, senón que tamén teñen un impacto indirecto noutros países e contextos.

    En febreiro deste ano, o xornal The Guardian publicou unha serie de artigos nos que examinaba o impacto ambiental do principal material empregado na construción, o cemento. Despois da auga, o cemento é o segundo material máis consumido no mundo e o causante do 8 % das emisións globais de CO2. Se a isto lle engadimos que o sector da construción contribúe ao 23 % da contaminación do aire, ao 40 % da contaminación da auga potable e ao 50 % dos residuos nos vertedoiros, a situación é crítica. Vivimos nun momento de máxima urxencia onde os recursos naturais teñen data de caducidade e debemos reflexionar e poñer en perspectiva o impacto da arquitectura tanto na sociedade como no planeta. Un planeta onde necesitamos crear hábitats para unha poboación mundial que aumentará nun 25 % nos próximos 30 anos. Como están a responder a arquitectura e os arquitectos a estes problemas dende unha escala local e global?

    Os anos sesenta e setenta foron décadas tumultuosas de desorde política e axitación social. Dende a construción do muro de Berlín ata o movemento antinuclear, as protestas contra a guerra de Vietnam ou os disturbios estudantís de Maio do 68, estes anos ocupan un lugar destacado na nosa historia recente. As inxustizas foron debatidas abertamente e xermolaron pensamentos radicais que cuestionaron o statu quo e mais as convencións e prácticas existentes en varias esferas da vida, incluída a arquitectura. Vivimos un momento igualmente crítico con paralelismos directos, pero con 50 anos menos na conta atrás.

    Este é o momento de entender o impacto da arquitectura holisticamente e de crear deseños radicalmente innovadores que actúen con risco para cambiar o xeito de actuarmos na nosa contorna. Necesitamos traballar dende a colaboración, entendendo o traballo do arquitecto como parte dunha rede complexa, como o propio planeta, onde o fluxo de coñecemento e acción sexa permanente, definindo novos formatos de actuación que renegocien a relación entre os propios humanos así como co medio. Necesitamos entender como relacionarnos entre nós para poder entender como xestionar unha relación máis empática con outras especies e coa nosa contorna.

    O correcto xa non é suficiente. Non podemos seguir actuando do mesmo xeito; precisamos xerar un punto de inflexión. Necesitamos introducir un cambio de pensamento, axenda e práctica, para crear unha maior concienciación e demostrar á sociedade o poder transformador da arquitectura para reparar os nosos contornos. Necesitamos desenvolver proxectos e estratexias que nos permitan transformar radicalmente o noso impacto no planeta e reparar a relación coa nosa contorna, social, política e ambiental, creando un espazo máis democrático para todos.

    Esta convocatoria de arquia/próxima preséntase co obxectivo de buscar estratexias, reflexións e materializacións que actúen con risco para cuestionar o status quo e as concepcións preestablecidas, presentando propostas que permitan xerar un cambio radical nas prácticas da arquitectura contemporánea. Os proxectos seleccionados nesta convocatoria funcionarán como unha cápsula do tempo, un reflexo da axenda dos arquitectos que cristalizará como están a responder con formatos críticos e innovadores aos cambios sociais, políticos, económicos e ambientais. Unha oportunidade para examinar e discutir colectivamente asuntos de vital importancia para a nosa sociedade e o noso planeta, e para destacar aquelas prácticas que actúan con risco e innovación fronte aos cambios locais e internacionais co fin de xerar un novo radicalismo na arquitectura.

  • Comisaria: Marina Otero
  • Marina Otero Verzier es doctora arquitecta, directora de Investigación de Het Nieuwe Instituut (Museo Nacional Holandés de Arquitectura, Diseño y Cultura Digital, que cuenta con el Archivo Nacional de Arquitectura), en Rotterdam y directora del Social Design Masters en Design Academy Eindhoven.

    Ha sido comisaria en la XIII Bienal de Shanghai celebrada en 2021.

    Su trabajo como comisaria incluye proyectos como el Pabellón de Holanda en la Bienal de Arquitectura de Venecia en 2018, la Oslo Architecture Triennale 2016 y la 13 Bienal de Shanghai en 2021. Anteriormente, Marina trabajó como directora de Studio-X GSAPP, una red global de centros de investigación sobre el futuro de las ciudades con sedes en Amman, Beijing, Estambul, Johannesburgo, Mumbai, Nueva York, Rio de Janeiro y Tokio, adscritos a la universidad de Columbia. Marina ha co-editado Unmanned: Architecture and Security Series (2016), After Belonging (2016), Work, Body, Leisure (2018), Architecture of Appropriation (2019), I see that I see what you don´t see (2020), More-than-Human (2020), Dixit #2 A Matter of Data and Lithium: States of Exhaustion (2021).

    Ha sido profesora en ETSA Madrid, Royal College of Art Londres, Columbia University GSAPP Nueva York, Barnard College New York, Geneva University of Art and Design, entre otros.

  • Xurado
  • O xurado estará composto por:

    Marta Pelegrín

    Representante da zona sur

    Marta é doutora arquitecta (Universidade de Sevilla Mención Internacional, Sob. C.L. 2017) e profesora de proxectos arquitectónicos na ETS de Arquitectura Sevilla dende 2007. Realizou estudos en Alemaña e estadías de investigación en Austria, en Kunsthalle & Donau University Krems (Premio DaylightSpaces, 2016); Residencia de investigación no Institut für Architektur Technologie de Graz (2017) e bolsas de docencia en Uruguai (FADU‑Montevideo) e Portugal (FAU Lisboa e Escola das Artes, U. Évora). Dende 2007 é coordinadora e profesora de Cátedra Blanca Sevilla. Foi docente na ETSA de Málaga, invitada en diversos Mestrados Universitarios (US, UNIA, ETSAM, FADU‑DEIP), conferenciante en distintas universidades e institucións internacionais, como a CAUP Tongji University de Shanghai, o Instituto Cervantes de Beijing e Viena, a Facultade de Arquitectura de Montevideo, e conferenciante nas ETS de Málaga, Zaragoza, Madrid, Valencia...

    © Imagen Subliminal

    Ester Roldán

    Representante da zona norte

    Arquitecta pola ETSA de Valladolid e Diploma de Estudos Avanzados en Proxectos Arquitectónicos pola ETSA de Barcelona. No ano 2001 funda longo+roldán arquitectura xunto con Víctor Longo Valdés, tras gañar o primeiro premio no Concurso Nacional de Ideas para o edificio de servizos da Autoridade Portuaria de Xixón en El Musel. A súa execución suporalles a obtención do Premio Asturias de Arquitectura 2006, premio que volverán gañar en 2008 por un edificio de vivenda colectiva e en 2012 por unha vivenda/estudio para artista + pequeno hotel rural, obra que será seleccionada pola revista Monocle como unha das 100 Top Experiences in Spain.
    Tamén foron finalistas en numerosos concursos de arquitectura e deseño e acaban de ser nomeados ao Premio Mies van der Rohe 2019 por un complexo residencial e pavillón de usos múltiples. A súa obra aparece publicada en.

    Fran Silvestre

    Representante da zona leste

    Fran Silvestre, arquitecto na especialidade de edificación (Matrícula de Honra) pola ETSA de Valencia e na especialidade de urbanismo (Matrícula de Honra) pola TU/e (Technische Universiteit Eindhoven) de Holanda, doutor pola Universidade Politécnica de Valencia dentro do programa Proxectar dende o territorio unha mirada moderna 2012-2016 (Magna Cum Laude), foi profesor do Departamento de Proxectos da Universidade Politécnica de Valencia e subdirector da Escola de Arquitectura durante o período 2010-2012. Actualmente é profesor de proxectos na Universidade Europea de Valencia e director do Mestrado MArch en Arquitectura, Deseño e Innovación da Universidade Europea de Valencia.
    O seu estudio conta coa colaboración e a axuda habitual nos proxectos doutros estudios como...

    © Sue Barr

    Ana Luisa Soares, de Fala atelier

    Representante de Portugal

    Fala é un estudio de arquitectura naíf con sede no Porto, dirixido por Filipe Magalhães, Ana Luisa Soares e Ahmed Belkhodja. Fundado no ano 2013, este estudio traballa cun optimismo metódico nunha ampla gama de proxectos, dende terreos ata casas para paxaros. Os proxectos de Fala son unha mestura de linguaxes formais, referencias, citas e temas regulados por unha obsesión pola claridade. A súa arquitectura é á vez intuitiva, retórica, hedonista e posmoderna.
    Fala deu conferencias en distintas universidades e institucións, entre as que destacan a Architectural Association de Londres, a Graham Foundation de Chicago, o Palacio de Belas Artes de Bruxelas, a Escola Nacional Superior de Arquitectura de Versalles e a Casa dell'Architettura de Roma. Tamén impartiu aulas nas facultades de arquitectura de Venecia, Múnic, Münster, Liexa e Bratislava, entre outras, e os seus traballos expuxéronse na Bienal de Arquitectura de Venecia e na de Chicago.

    TED'A Arquitectes

    Representante de la Zona Levante

    Juan Antonio Serrano García

    Representante dos participantes

    Juan Antonio Serrano García é arquitecto pola Universidade de Granada dende 2009 e Mestrado en Proxectos Arquitectónicos Avanzados pola Universidade Politécnica de Madrid dende 2012.
    Estableceu o estudio de arquitectura Serrano + Baquero xunto con Paloma Baquero Masats en 2010, que desenvolveu proxectos de diversas escalas entre os que cómpre salientar: Escaparate horizontal, seleccionado na III edición de Arquia Próxima e na Bienal Iberoamericana de Deseño de 2012 e premiado nos II Premios PR, nos II Premios do Deseño en Andalucía e nos premios 2A; 33 vidros desprazados, finalista nos premios Lamp e galardoado nos premios Aplus, Viaxe ao interior dun horto, premiado na categoría de proxecto social dos Premios Beyond Building 2015 e nos premios 2A, finalista nos Premios Enor e seleccionado na Bienal Internacional de Paisaxe...

    Ignacio de Teresa

    Representante de próxima/premiados
    Representante de los diseñadores, artistas plásticos y disciplinas afines

  • Inscrición autor
  • A inscrición no concurso arquia/próxima só se poderá realizar a través do sistema de inscrición en liña, cubrindo o formulario habilitado para iso.

     

  • Inscrición Realización
  • Para inscribir unha realización no programa arquia/próxima, primeiro haberá que crear a realización dende a área privada (área profesional) e despois engadir a participación no programa arquia/próxima.
    Para máis información sobre a inscrición da realización, consulta o  manual de axuda.
    Tamén está dispoñible na área privada de usuario.

  • Data límite de inscrición Autor
  • Ampliado plazo hasta el 8 de enero de 2024 a las 12:00 h del mediodía.
  • Data límite de inscrición Realización
  • Ampliado plazo hasta el 8 de enero de 2024 a las 12:00 h del mediodía.

Rexístrate na Fundación

Rexístrate como usuario da Fundación nos diferentes perfís de usuario