arrow-circle-down arrow-circle-left arrow-circle-up arrow-down arrow-left arrow-line-right arrow-right arrow-up ballon close facebook filter glass lock menu phone play point q question search target twitter
X

Área Profesional / Convocatorias

arquia Próxima

Edicións anteriores

VI Edición 2018-2019

Vivimos en un mundo en constante mutación. Ya sean conflictos políticos, desigualdades sociales, desastres ecológicos o pandemias; el planeta y la humanidad afrontan un continuo estado de transformación y necesaria adaptación. En la VII edición del Festival arquia – comisariada por Gonzalo Herrero Delicado – se ha examinado colectivamente cómo la arquitectura emergente de España y Portugal está afrontando estos desafíos. Una oportunidad para reflexionar sobre aquellas prácticas que están respondiendo con riesgo e innovación, generando una nueva radicalidad en arquitectura.

El festival tuvo lugar los días 21 y 22 de octubre con un amplio programa de debates, conversaciones y presentaciones con los arquitectos y estudios seleccionados en el programa arquia/próxima, así como otros invitados entre los que se incluyen Anupama KundooCarme Pinós y Peter Cook. La plataforma virtual que acogió el festival, diseñada por Space Popular e inspirada en la ciudad de Barcelona, también sirvió como marco para acoger actividades paralelas como galerías de los programas arquia/próxima y arquia/becas, y un nuevo documental dirigido por Javier Peña que nos acerca a la arquitectura más radical de Barcelona.

VI Edición 2016-2017

La VI Edición contou con 1183 realizacións rexistradas e 675 arquitectos participantes. O comisario desta edición foi Iñaki Carnicero e os membros do xurado: Héctor Fernández Elorza, representante da Zona Centro, Iñigo García Odiaga de Vaumm, representante da Zona Norte, María González García de Sol 89, representante da Zona Sur, Montserrat NoguésTeixidor, patroa da Fundación Arquia, Anna Puigjaner Barberà de Maio, representante da Zona Levante. Pilar Díaz de Paisaxe Transversal foi a representante dos participantes escollidos polos arquitectos próximos que cumprían cos requisitos de participación nesta convocatoria.

O lema 'PRÁCTICAS RELEVANTES', con vida á reflexión sobre o paradoxo existente entre o recoñecemento e o éxito da proxección internacional da arquitectura española e o pouco volume de produción desta nos últimos anos. 

V Edición 2014-2015

Esta V Edición conta con 1653 realizacións rexistradas e 675 arquitectos participantes. O comisario desta edición é Alberto Veiga e os membros do xurado son: Eugeni Bach, Carlos Gómez Agustí, Jesús Irisarri, Eva Morales e Víctor Navarro. José María Sánchez García foi o representante dos participantes escollido polos arquitectos próximos, que cumprían cos requisitos de participación nesta convocatoria.

Baixo o lema 'FUTURO IMPERFECTO' esta edición ten como obxectivo iniciar unha reflexión que permita encarar a profesión con resistencia e sen melancolía

IV Edición 2012-2013

Nesta cuarta edición rexistráronse 670 novas realizacións e 870 arquitectos participantes.

O xurado composto por Eva Franch, comisario xeral, Emilio Tuñón, Toni Gironès, Izaskun Chinchilla, Luis Úrculo, e Andrés Jaque catalogou 120 realizacións e seleccionou 29 realizacións que mostran  

proxectos que constrúen arquitectonicamente unha reivindicación do histórico, critico, ecolóxico e social a través dunha xestión do capital e dos excedentes arquitectónicos, ambientais e humanos.

Na IV Edición 2012-2013, o premio Arquia/Próxima, dotado de 15.000 €, foilles concedido ás realizacións:  Analogical Smart Cities, Paradise Lost, Monu//Bench Project, From Olympic Games to Urban Games e Social Alphabets / Alphabet Cities  do colectivo PKMN que cunha gran dose de creatividade, rigor e humor, quer no metodolóxico, quer no formal, o carácter emprendedor deste proxecto está baseado en valores sociais e arquitectónicos fundamentais: a democratización da cidade e a construción de nexos sociais e espazos de colectividade capaces de desdebuxar diferenzas económicas, sociais ou de clase. O proxecto de PKMN, construído sempre desde fóra, toma como referencia o que para outros é a «terceira persoa» da arquitectura: o usuario.

III Edición 2010-2011

Nesta terceira edición rexistráronse 2841 realizacións e 991 arquitectos.

O xurado formado por Francisco Cabrera, Ariadna Cantís (comisaria), Ricardo Devesa, José María Ezquiaga, Eva Franch, José Morales, Carlos Quintáns, Rogelio Ruiz e Martha Thorne ha catalogado 120 realizacións e seleccionado 24 realizacións que mostran novos «roles» dos novos arquitectos cos cales están desenvolvendo o seu traballado, procurando novos formatos, quer a través de encargas o auto-encargas, novas formulas de colaboración en grupo ou colectivos, activismo social e participación cidadá, urbanismo de acción, novos medios de comunicación aplicados á arquitectura, así como unha nova sensibilidade respecto do construído.

Na II Edición 2008-2009, o premio Arquia/Próxima, dotado de 15.000 €, foi concedido á realización : Inteligencia Colectiva 2.0 do colectivo ZOOHAUS. O xurado saliéntaa como un exemplo completo e complexo de NOVOS FORMATOS,  que operan tanto na forma de traballar: un colectivo de colectivos, coma no soporte: web. Valórase especialmente unha proposta de traballo en equipo que desenvolve un proxecto de investigación e difusión en rede, unha base de datos aberta e participativa, baseada na análise e cartografía de prototipos e detalles da construción. Sinálase a realización como xeradora de novos procesos, un auténtico formato transformador.

II Edición 2008-2009

Na edición 2008-2009 da bienal arquia/próxima rexistráronse 1939 realizacións e 286 arquitectos. Resaltar que se detectou unha maior participación que na anterior convocatoria, con cifras realmente significativas a pesares dos momentos en que se realizou a convocatoria.

O xurado formado por Carlos Quintans como comisario xeral e o comité científico composto por Fernando Diaz Pines, Felix Arranz, Francisco Cifuentes, Santiago Cirugeda, Javier Mozas e Ricardo Sanchez Lampreave quixeron mostrar nas 128 realizacións catalogadas e nas 24 seleccionadas aquelas outras facetas nas que os arquitectos novos están a desenvolver o seu labor e buscan distintas fórmulas coas que se canaliza o traballo, ben a través de concursos, de encargas o auto-encargas e de novas fórmulas de colaboración e activismo social que aparecen con maior intensidade nos últimos anos.

Na II edición 2008-2009, o premio arquia/próxima, dotado de 15000 €, foi concedido á realización Comedor Escolar Tipo' de 'LA PANADERIA (Rubén Alonso, Eva Morales e David Canavate). '

O xurado destacouno como rigoroso proxecto no que se analizan as condicións destas dependencias escolares e no que se ofrece unha proposta de mínimos con altas doses de sensibilidade e sensatez e que ofrece unha esperanza de cara a enfrontarse ás novas condicións que a sociedade está a experimentar.

I Edición 2006-2007

Na I edición 2006-2007 de la bienal arquia/próxima rexistráronse 769 realizacións e 286 arquitectos. O xurado formado por  Félix Arranz como comisario xeral, Marta Cervelló, Sara de Giles, Patxi Mangado, Carmen Pinós, Emilio Tuñón e o sociólogo José Miguel Iribas escolleron as 128 realizacións catalogadas e as 28 seleccionadas cuxos criterios de elección foron os seguintes:
Nos 128 catalogados buscouse a representatividade das realizacións presentadas e tiveron en conta a zona en que están situadas, é dicir, reflectir a diversidade da práctica arquitectónica e dos seus modos de proceder dende un punto de vista xeográfico. Non se destacaron as mellores e maiores realizacións senón que se intentou mostrar un panorama (que por definición é dilatado) da arquitectura que están a producir os arquitectos con menos de 10 anos de titulación, sempre dende premisas de calidade.
Aos 28 seleccionados premióuselles a calidade das realizacións, a nivel de proxecto, de execución e de orixinalidade.
Na I edición 2006-2007, o premio arquia/próxima, dotado de 15000 €, foi concedido á realización ECOBULEVAR EN EL ENSANCHE DE VALLECAS, dos autores Ecosistema Urbano (Belinda Tato, José Luis Vallejo e Diego García Setién), o xurado destacou o proveito, utilidade, conveniencia e beneficio do proxecto e cuxos criterios medioambientales e de sustentabilidade están en todas as determinacións do mesmo, así como o fomento do intercambio social.

Rexístrate na Fundación

Rexístrate como usuario da Fundación nos diferentes perfís de usuario