-
Centro de documentación
-
Área cultural
-
Área profesional
-
Medios
-
A Fundación
Como novidade na presente edición, a Fundación Arquia, de acordo co seu paulatino proceso de internacionalización, abre a convocatoria a Portugal, establecéndose como Convocatoria ibérica, para poñer en valor a actividade investigadora dos/as arquitectos/as portugueses/as e das Escolas de Arquitectura de Portugal.
A Fundación Arquia ten por obxecto promover e fomentar actividades culturais no campo da arquitectura. Entre estas actividades atópase a colección arquia/teses, orientada á edición e publicación de teses de doutoramento de arquitectura, relevantes pola súa achega ao coñecemento arquitectónico, despois de seren revisadas e adaptadas á liña editorial polos seus respectivos autores. Deste xeito, a colección arquia/teses pretende poñer ao alcance do público interesado na investigación arquitectónica un valioso material que, doutro modo, resultaría dificilmente accesible.
Coa intención de ampliar e enriquecer o fondo editorial da devandita colección, a Fundación Arquia convoca o presente concurso bienal orientado á selección de teses de doutoramento de arquitectura inéditas.
Poderán participar no concurso aqueles arquitectos españois e portugueses que lesen a tese de doutoramento en calquera escola de arquitectura do mundo, así como aqueles arquitectos estranxeiros cuxa tese doutoral fose lida en calquera escola de arquitectura española ou portuguesa.
As teses de doutoramento deberán ser inéditas, é dicir, non se admitirán aquelas teses que fosen premiadas noutros concursos ou publicadas parcialmente ou na súa totalidade en calquera idioma, formato ou soporte físico ou dixital. Quedan excluídos os artigos científicos en revistas indexadas, de ámbito académico, que solicitan algunhas escolas para as acreditacións posteriores.
Non poderán participar aquelas teses de doutoramento que participasen en convocatorias anteriores de arquia/teses e recibisen unha mención ou fosen seleccionadas ou recomendadas para a publicación por parte do xurado.
A inscrición no concurso arquia/teses 2019 só se pode realizar a través da plataforma de inscrición en liña, cubrindo o formulario habilitado para iso, e dispoñible na seguinte ligazón:
Despois de realizada a inscrición, o candidato deberá acceder á área privada introducindo o nome de usuario (enderezo electrónico) e mais o contrasinal e finalizar a inscrición anexando un arquivo en pdf, formato DIN A4 (peso máximo 2Mb) coa seguinte información:
E cubrir os seguintes campos obrigatorios:
A información pódese editar ata o día que rematen as inscricións (ver calendario).
Nunha segunda fase do concurso solicitaráselles aos candidatos seleccionados un exemplar da tese orixinal, en formato dixital e en papel, para a súa valoración por parte do xurado.
A documentación solicitada para a inscrición e participación na convocatoria achegarase en español. As teses completas, no seu idioma orixinal de redacción, poderanse presentar na segunda fase do concurso para aquelas teses que resulten seleccionadas.
Establécense unha serie de criterios sobre a calidade investigadora no ámbito arquitectónico que deben contemplar as teses de doutoramento presentadas:
O prazo de inscrición e admisión da documentación solicitada comezará o luns 11 de marzo de 2019 e rematará o luns 6 de maio de 2019 ás 12:00 h (mediodía).
1.ª Fase: maio-setembro de 2019. Cada membro do xurado seleccionará entre os dossieres presentados un máximo de catro traballos de investigación que accederán á segunda fase do concurso. A mediados de setembro de 2019, solicitaráselles aos concursantes seleccionados un exemplar completo da tese de doutoramento en formato papel e dixital.
2.ª Fase: setembro-novembro 2019. . Os membros do xurado procederán á lectura, revisión e valoración do máximo de 16 teses de doutoramento seleccionadas.
Reunión do xurado e resolución do concurso: decembro de 2019. A finais de ano terá lugar a reunión do xurado para proceder á resolución do concurso, así como á respectiva publicación e notificación.
Nesta convocatoria revisouse e modificouse o perfil dos membros do xurado, incorporando un representante de Portugal.
Catedrática de Proxectos Arquitectónicos dende 2012 e profesora dende 1990 na Escola Técnica Superior de Arquitectura da Univ. Politécnica de Madrid. Visiting Research en Cambridge Univ. (UK) e en Princeton Univ. Profesora visitante na Rhode Island School of Design e na Cranbrook Academy of Art (EUA). Profesora convidada na Univ. Nacional de Colombia (Medellín), na Chinese Univ. of Hong Kong, na Univ. Europea de Madrid UEM, na Univ...
Profesor na Escola de Arquitectura do Porto dende 1982, na área de Proxectos arquitectónicos. Doutor arquitecto en 1999 coa tese titulada «Arquitectura e Museus em Portugal. Entre Reinterpretação e Obra Nova». Titor de teses de doutoramento e dende 2010, de proxectos de tese do curso de doutoramento da Facultade de Arquitectura do Porto, FAUP. Director da FAUP entre 2010 e 2018, así como membro do Consello Científico e do Senado da Universidade do Porto. Como arquitecto funda, a finais dos anos oitenta, o estudio CG+LSC Arquitectos (www.cglsc.com) en sociedade...
Arquitecta pola Escola Técnica Superior de Arquitectura de Barcelona coa especialidade Proxectos, Urbanismo e Historia en 1983. Na súa contribución á difusión cultural da arquitectura, foi arquitecta responsable dos servizos culturais da demarcación de Xirona do COAC (1985-1990), comisaria e deseñadora de diferentes exposicións, organizadora de obradoiros, ciclos de conferencias e coordinadora de diversas publicacións e libros de arquitectura do COAC.
Na súa traxectoria profesional, foi arquitecta responsable da área de infraestrutura e obra pública do concello de Calonge (2000-2003). Actualmente forma parte do estudio de arquitectura ammarquitectes...
(Burgos, 1975) Arquitecto en 2000 pola ETS de Arquitectura da Universidade de Navarra e doutor arquitecto (ETSAUN, 2005) coa tese de doutoramento «Habitar la inspiración/construir el mito. Casas-taller de artistas en el periodo de entreguerras», gañadora da bolsa da Asociación de Amigos da Universidade de Navarra e da Bolsa de Investigación Artística da Fundación BBK-Museo de Belas Artes de Bilbao, publicada despois como libro (Valencia, 2007)...
Secretario
O xurado poderá conceder un máximo de dous premios e catro mencións. Os premios consisten no compromiso de editar e publicar as teses, con primeiro e segundo premio, por parte da Fundación Arquia, en edición trilingüe (español, inglés e portugués), no novo deseño da colección arquia/teses.
Este compromiso estará condicionado polo necesario traballo de reelaboración que deberá efectuar o/a autor/a da tese de acordo cos criterios editoriais da Fundación Arquia. As teses que obteñan «mención» terán unha consideración preferente nos plans editoriais da Fundación Arquia, segundo o calendario editorial e o orzamento editorial asignado no plan de actuación anual.
O concurso poderá ser declarado deserto. A resolución do concurso comunicarase aos participantes por correo electrónico e será inapelable.
A duodécima convocatoria do Concurso Bienal de Teses de Doutoramento de Arquitectura da Fundación Arquia foi patrocinada por Arquia Banca.