-
Centro de documentación
-
Área cultural
-
Área profesional
-
Medios
-
A Fundación
Os informes de resultados da V Enquisa a arquitectos e da VII Enquisa a estudantes de Arquitectura obtivéronse a partir das respostas dos participantes nos módulos profesionais de arquitectos e estudantes de arquitectura do cuestionario da Enquisa Arquia 2017, realizada dende o mes de xullo de 2017.
Ao pechar a convocatoria a fecha de 20 de xullo, completaran o cuestionario un total de 444 estudantes e 1.612 arquitectos participantes. Os cuestionarios sometéronse a un proceso de revisión e validación. Puideron participar aqueles que cumpriran os requisitos expostos nas bases.
O estudo foi dirixido e elaborado polo sociólogo Emilio Luque, profesor titular da Facultade de Ciencias Políticas e Socioloxía da UNED.
O formulario estivo en liña dende marzo ata xullo de 2017.
Puideron participar todos os usuarios de Arquia, os estudantes matriculados en calquera escola española de arquitectura (non puideron participar os estudantes de universidades estranxeiras que estiveran a estudar temporalmente nalgunha escola española de arquitectura a través do programa Erasmus ou similar), e os titulados como arquitectos superiores en calquera das escolas técnicas superiores de arquitectura do Estado español, os arquitectos estranxeiros con título obtido en España e os arquitectos con título obtido fóra de España e convalidado en España.
20 de xullo de 2017 ás 12 do mediodía (hora peninsular española).
Entre os participantes que completaron e enviaron a enquisa sorteáronse en xullo de 2017, ante notario, unha viaxe para dúas persoas ao Congreso da UIA en Seúl, que se realizou dende o 2 ata o 11 de setembro de 2017, e dez lotes de dous libros e dous documentais editados pola Fundación Arquia. Quedaron excluídos da participación no sorteo os empregados e os membros dos organismos reitores do Grupo Arquia, ademais dos seus familiares en primeiro grao.
O sorteo tivo lugar ante notario o 24 de xullo de 2017.
PARTICIPANTE GAÑADORA DUNHA VIAXE PARA DÚAS PERSOAS AO CONGRESO DA UIA EN SEÚL:
1. (874) MARÍA DIEGO FERNÁNDEZ SAN JULIÁN. Estudante.
PARTICIPANTES GAÑADORES DUN LOTE DE DOUS LIBROS E DOUS DVDS EDITADOS POLA FUNDACIÓN ARQUIA:
1. (1.531) FRANCESC COIT BONET. Arquitecto.
2. (1.031) PABLO GINER CRESPO-AZORÍN. Arquitecto.
3. (2.048) CARLOS GARCÍA FERNÁNDEZ. Arquitecto.
4. (1.071) MARTA SOLANAS DOMÍNGUEZ. Arquitecta.
5. (1.912) CARMEN GARCÍA SÁNCHEZ. Arquitecta.
6. (744) GERARD URPI VICENTE. Estudante.
7. (277) PILAR RODRÍGUEZ-MONTEVERDE CANTARELL. Arquitecta.
8. (888) ÁNGELA LINARES. Estudante.
9. (1.280) ALBA GONZÁLEZ JIMÉNEZ. Estudante.
10. (1.682) SALVADOR MORET COLOMER. Arquitecto.