-
Centro de documentación
-
Área cultural
-
Área profesional
-
Medios
-
A Fundación
Os informes de resultados da V Enquisa a Arquitectos e da VII Enquisa a Estudantes de Arquitectura, obtivéronse a partir das respostas dadas polos participantes nos módulos profesionais de arquitectos e estudantes de arquitectura do cuestionario da Enquisa Arquia 2017, realizada dende o mes de marzo ata o mes de xullo de 2017.
A convocatoria pechou o 20 de xullo e o cuestionario foi cuberto por un total de 444 estudantes e 1612 arquitectos participantes . Os cuestionarios sometéronse a un proceso de revisión e validación e puideron participar aqueles que cumpriron os requisitos expostos nas bases.
O estudo foi dirixido e elaborado polo sociólogo Emilio Luque, profesor titular da Facultade de Ciencias Políticas e Socioloxía da UNED.
A IV Enquisa a Arquitectos sobre o estado da profesión contou coa participación de 2520 arquitectos. O estudo levouse a cabo mediante a contestación dun cuestionario a través de Internet.
A III Enquisa a Arquitectos sobre o estado da profesión elaborouse a partir de enquisas telefónicas realizadas a 1700 arquitectos colexiados de toda España e seleccionados de maneira aleatoria.
A II Enquisa a Arquitectos sobre o estado da profesión elaborouse a partir de enquisas telefónicas realizadas a 1500 arquitectos colexiados de toda España e seleccionados de maneira aleatoria.
A I Enquisa a Arquitectos sobre o estado da profesión elaborouse a partir de enquisas telefónicas realizadas a 2000 arquitectos colexiados de toda España e seleccionados de maneira aleatoria.
Cal é o prazo de inscrición?
A inscrición poderase realizar durante os meses de marzo, abril, maio, xuño e xullo de 2017 a través da páxina web da Fundación Arquia, Enquisa.
Como podo participar se son cliente de Arquia?
Se es cliente de Arquia deberás acceder ao cuestionario dende a páxina de acceso á Enquisa e introducir o teu DNI.
Como podo participar se son estudante de arquitectura?
Se es estudante poderás participar na enquisa como usuario de FQ+. Para iso deberás acreditarte aquí como estudante de arquitectura, anexando o pdf da última matrícula.
Poderán participar os estudantes matriculados en calquera escola española de arquitectura.
Non poderán participar os estudantes de universidades estranxeiras que estean estudando temporalmente nalgunha escola española de arquitectura a través do programa ERASMUS, ou similar.
Como podo participar se son arquitecto?
Se es arquitecto poderás participar na enquisa como usuario de FQ+. Para iso deberás acreditarte aquí como arquitecto, anexando o pdf do título.
Ata cando podo participar?
Poderás participar ata o día 20 de xullo de 2017 ás 12 do mediodía. Podes actualizar a información que insiras na enquisa ata o peche da convocatoria, mais só podes enviar unha vez o cuestionario.
Hai algún premio por participar na enquisa?
Si! Entre os participantes que completasen e enviasen a enquisa sortearanse, en xullo de 2017, ante notario, unha viaxe para dúas persoas ao Congreso da UIA en Seúl, que se poderá realizar dende o 2 ata o 11 de setembro de 2017, e dez lotes de dous libros e dous documentais editados pola Fundación Arquia. Quedan excluídos da participación do sorteo os empregados e membros dos organismos reitores do Grupo Arquia, así como os seus familiares en primeiro grao.