arrow-circle-down arrow-circle-left arrow-circle-up arrow-down arrow-left arrow-line-right arrow-right arrow-up ballon close facebook filter glass lock menu phone play point q question search target twitter
Las cookies propias y de terceros nos permiten mejorar nuestros servicios. Al navegar por nuestro sitio web, aceptas el uso que hacemos de las cookies. Más información Aceptar
X

Área Profesional / Exposicións

Bolsas 2008

2008

Bolsas 2008

 

150%

José Antonio Sosa Díaz‐Saavedra, arquitecto

"Reducir o consumo do chan, o consumo de novos territorios, sen diminuír o crecemento da poboación dá como resultado matemático aumentar a densidade das áreas edificadas. Habitualmente, esta fórmula tradúcese en incrementar a altura das novas edificacións mediante a substitución do existente ou mesmo creando novas áreas de expansión. Pero, que ocorre coa cidade xa construída? Pódese actuar sobre ela baixo estas premisas sen necesidade de demoler o anterior?

Reciclar é dotar de nova vida ao existente. Moitas áreas urbanas de baixa densidade soportarían ou mellorarían as súas condicións coa inxección de novos espazos habitacionais ou co incremento de superficie de vivendas existentes destinadas a mellorar as condicións sociais dos seus habitantes. Áreas de pouco uso, baleiras, sen a densidade necesaria para xerar vida urbana: centros históricos pouco densos, urbanizacións axardinadas, ensanches de baixa altura, polígonos de vivenda...

A reflexión xeral que se propón parte da aplicación deste cuestionamento a áreas xa construídas: actuar sobre edificios existentes colonizando as súas cubertas, suspender ou regruesar as súas fachadas, construír baixo novas ópticas de maior densidade sobre espazos baleiros concretos de calquera cidade... superpoñer. Inxectar novas densidades a áreas urbanas e incrementar as súas densidades edificatorias nun 150%, ese é o obxectivo proposto, sen perder de vista que a razón última é a reciclaxe da cidade existente, o aforro no consumo de novos chans.

 

 

Inauguración

ETSA Valencia: 30/10/2008

 

Itinerancias

ETSA Valencia: 30/10/2008 - 30/11/2008
ETSA Sevilla: 02/02/2009 - 27/02/2009
ETSA Vallés: 16/03/2009 - 30/03/2009
ETSA Valladolid: 01/04/2009 - 30/04/2009
ETSA Las Palmas: 11/05/2009 - 03/07/2009
CTA Alicante: 16/07/2009 - 11/09/2009