Utilizamos cookies y tecnologías similares propias y de terceros, de sesión o persistentes, para hacer funcionar de manera segura nuestra plataforma y personalizar su contenido. Igualmente, utilizamos cookies para medir y obtener datos de la navegación que realizas y para ajustar la publicidad a tus gustos y preferencias. Puedes modificar tus opciones de consentimiento en cualquier momento visitando nuestra Política de Cookies y obtener más información haciendo clic aquí.
A elección mostra dez casas capaces de representar un modo de habitar, de entender a cidade e de cooperar coa súa construción, de construír o espazo e de entender a función da arquitectura e, mesmo, a misión do arquitecto. Represéntanse as diferentes vocacións da arquitectura de Los Ángeles, tanto as obras máis afastadas do estilo internacional como aqueloutras interpretacións da modernidade máis difundidas pola historiografía moderna e, presumiblemente, máis próximas ao observador da exposición. Son obras dos arquitectos Greene, Irving Gill, R. M. Schindler, R. Neutra, Gregory Ain, os Eames, A. Quincy Jones, Craig Ellwood, Albert Frey ou John Lautner.
A exposición móstrase como a propia cidade de Los Ángeles: un mosaico de fenómenos individuais conscientes da súa repercusión xeográfica, construído mediante a adición de paisaxes heteroxéneas, en ocasións opostas e mesmo en loita contra a súa contorna física e política. A cidade móstrase a través dunha representación parcial dunha selección infinitésima das súas paisaxes. E, coa cidade, móstrase unha pluralidade de arquitecturas modernas, que poñen de manifesto a capacidade transformadora e propositiva (non sempre exercitada) da arquitectura do noso momento.
É, en definitiva, unha mostra que confía na posibilidade cultural e transformadora da arquitectura.
Inauguración
Museo de Bellas Artes de Bilbao: 13/07/2006
Itinerancias
Museo de Bellas Artes de Bilbao: 13/07/2006 - 17/09/2006 COA Zaragoza: 20/10/2006 - 24/11/2007 COA León: 25/01/2007 - 05/03/2007 COA Girona: 29/03/2007 - 30/04/2007 CTAV València: 15/05/2007 - 29/07/2007 COA Almería: 03/09/2007 - 15/10/2007 COA Salamanca: 18/10/2007 - 11/11/2007 COA Zamora: 15/11/2007 - 17/12/2007 COA Palencia: 06/02/2008 - 06/03/2008 COA A Coruña: 01/04/2008 - 25/04/2008 COA Murcia: 29/04/2008 - 30/05/2008 COA Rioja: 05/06/2008 - 07/07/2008