arrow-circle-down arrow-circle-left arrow-circle-up arrow-down arrow-left arrow-line-right arrow-right arrow-up ballon close facebook filter glass lock menu phone play point q question search target twitter
X

Área Profesional / Exposicións

Rafael Aburto

2007

Rafael Aburto

 

Arquitecto

Non se trata, sen dúbida, dunha exposición de arquitectura convencional. Trátase, pola contra, de mostrar sen prexuízos nin apriorismos un legado arquitectónico sorprendente e distinto, nin mellor nin peor, a fin de enriquecer o depósito da arquitectura moderna española. A súa formulación historiográfica, hoxe un tanto anquilosada, necesita rexuvenecer coa inclusión de arquitecturas e arquitectos que, como Aburto, conquistaron a modernidade (a outra modernidade) desde posicións menos ortodoxas pero igualmente válidas.

Rafael Aburto fora fundamentalmente unha incógnita: un personaxe lateral, insólito e excepcional. Con todo, achegarse á súa traxectoria implica descubrir un impoñente caudal creativo que abarca todas as facetas da súa actividade, dificilmente delimitables, desde a pintura á arquitectura, pasando polo seu labor teórico e crítico. Porque, en Aburto, os trazos da súa produción, calquera que esta sexa, confúndense cos da súa personalidade. El é un artista, un home en actitude de procura, insatisfeito e incómodo coa inmediata conxuntura. Por iso a súa arquitectura non é fácil de catalogar, debaténdose entre as últimas rabexadas dun academicismo enmascarado e os ideais revisionistas de modernidade tardía.

A exposición componse de 8 caixas que serven ao mesmo tempo como colectores para o transporte e soporte para a exhibición do contido. O contraste entre a dureza exterior do envoltorio e o sorprendente e fogoso mundo interior é tamén moi característico da maneira de facer de Aburto.

 

 

Inauguración

Centro de Enlace de Arquitectura de Pamplona: 24/05/2007

 

Itinerancias

Centro de Enlace de Arquitectura de Pamplona: 24/05/2007 - 22/06/2007
COAVN San Sebastián: 05/07/2007 - 03/09/2007
COA Ciudad Real: 05/09/2007 - 07/10/2007
CTA Valencia: 15/10/2007 - 15/11/2007
COAVN Bilbao: 09/01/2008 - 29/02/2008
COA Huelva: 11/04/2008 - 02/05/2008