Bauhaus
Neste Ciclo temático recóllense diferentes audiovisuais relacionadas coa Bauhaus e mais os seus membros con motivo do Centenario (1919-2019) desta coñecida e prestixiosa escola de arquitectura, deseño, artesanía e arte.
"A Bauhaus é, probablemente, a escola de arte ou deseño máis coñecida da modernidade. Os seus produtos identifícanse como "estilo Bauhaus" cando reflicten un deseño elegante, funcional e moderno. Os profesores que percorreron as súas aulas recibiron recoñecemento internacional: Paul Klee, Wassily Kandinsky, Lyonel Feiniger, Walter Gropius, Mies van der Rohe ou Marcel Breuer. O seu sistema pedagóxico co "curso preliminar" e o ensino aplicado en obradoiros que instauraron por Johannes Itten, László Moholy-Nagy ou Josef Albers, adoptouse en moitas escolas. Moitas delas, dirixidas polos seus antigos profesores ou alumnos, como a Black Mountain College NC con Josef Albers; a New Bauhaus da School of Design de Chicago fundada por Moholy-Nagy; ou a Hochschule fúr Gestaltung en Ulm presidida por Max Bill, acadaron tamén un gran recoñecemento internacional".
Jorge Torres Cueco, "Introducción", en Bauhaus: "El Mito de la Modernidad", Colección arquia/documental n.º35, Barcelona: Fundación Arquia, 2017, páx. 9. Para saber máis, preme aquí.
* Con motivo do centenario da escola Bauhaus, e no marco da Setmana d'Arquitectura 2019, os vídeos deste ciclo estarán abertos e dispoñibles para todo o público (sen necesidade de se rexistrar na plataforma) do 9 ao 19 de maio de 2019.