arrow-circle-down arrow-circle-left arrow-circle-up arrow-down arrow-left arrow-line-right arrow-right arrow-up ballon close facebook filter glass lock menu phone play point q question search target twitter
X

Ciclos e Eventos  Eventos/Congresos

Fórum Barcelona 2004: Diálogos. Ciudad y ciudadanos del siglo XXI

Fórum Barcelona 2004. Diálogos: Ciudad y ciudadanos del siglo XXI 

O Fórum Universal das Culturas – Barcelona 2004 creou unha plataforma de diálogo denominada ‘Ciudad y ciudadanos del siglo XXI’ que se centrou nas problemáticas e os desafíos das cidades.

Investigadores, representantes políticos, críticos, institucións, e profesionais procedente de horizontes xeográficos notablemente amplos debateron sobre cuestións relativas á creación e xestión de espazos urbanos. Trataron temas urxentes como a mobilidade, o espazo colectivo como articulación de escalas, a relación do urbanismo co poder político, económico e cultural; a paisaxe, a arquitectura ou as artes plásticas.

Neste ciclo preséntase a gravación de algúns destes diálogos, os cales estaban orientados a establecer estratexias alternativas que contribuísen a unha nova forma de facer cidade.


A visualización dos presentes audiovisuais en arquia/filmoteca é posible grazas á colaboración e autorización da Fundación Mies van der Rohe.