arrow-circle-down arrow-circle-left arrow-circle-up arrow-down arrow-left arrow-line-right arrow-right arrow-up ballon close facebook filter glass lock menu phone play point q question search target twitter
X

Área profesional / Convocatorias

arquia/teses

  • Obxecto do concurso
  • A Fundación Arquia ten por obxecto promover e fomentar as actividades culturais no campo da arquitectura. Entre estas actividades está a colección arquia/teses, dirixida á publicación de teses doutorais sobre arquitectura que son relevantes pola súa achega ao coñecemento arquitectónico, unha vez son revisadas e adaptadas á liña editorial polos seus respectivos autores. A colección Arquia/Teses pretende así, pór ao alcance do público interesado na investigación arquitectónica, un valioso material que, doutro modo, resultaría dificilmente accesible.

    Coa intención de ampliar e enriquecer o fondo editorial de dita colección, a Fundación Arquia convoca o presente concurso bienal orientado á selección de teses doutorais de arquitectura inéditas.

  • Participantes e teses doutorais
  • Desde a edición de 2019, a Fundación Arquia, con base no seu paulatino proceso de internacionalización, abre a convocatoria a Portugal, e establécese como Convocatoria Ibérica, para pór en valor a actividade investigadora de arquitectos/as portugueses/as e escolas de Arquitectura de Portugal.

    Por tanto, poderán participar no concurso aqueles doutores arquitectos españois e portugueses que lesen a tese doutoral en calquera escola de Arquitectura do mundo, así como aqueles arquitectos estranxeiros cuxa tese doutoral se defendese en calquera escola de Arquitectura española ou portuguesa.

    As teses doutorais deberon obter a máxima cualificación (isto é, sobresaliente cum laude, en portugués aprovado com distinção e louvor) e seren inéditas, é dicir, non se admitirán aquelas teses que xa fosen premiadas, mencionadas ou seleccionadas noutros concursos de teses ou publicadas parcialmente ou na súa totalidade en calquera idioma, formato ou soporte físico ou dixital. Exclúense os artigos científicos en revistas indexadas, de ámbito académico, que solicitan algunhas escolas para as posteriores acreditacións.

    Limítase a un máximo de DÚAS convocatorias a participación dunha tese doutoral no concurso bienal arquia/teses, poderán ser dúas convocatorias consecutivas ou alternas. Polo tanto, non se admitirán aquelas teses que xa fosen presentadas en dúas ou máis edicións anteriores. Paralelamente, tampouco poderán participar aquelas teses doutorais, que por participaren en convocatorias anteriores de arquia/teses, recibisen unha mención ou resultasen seleccionadas, finalistas ou recomendadas para a publicación por parte do xurado.

    As teses doutorais que teñan o urbanismo, a ordenación do territorio, paisaxe, grande escala, etc. como obxecto de investigación, deberán presentarse ao Premio Europeo Manuel de Solà-Morales 2023, cuxo premio tamén consiste na edición da tese premiada na nosa colección arquia/teses, polo tanto, non se admitirán a esta convocatoria teses deste ámbito ou disciplina arquitectónica.

  • Documentación e envío
  • Unha vez feita a inscrición, o candidato ten que acceder á área privada co seu usuario (correo electrónico) e contrasinal, e finalizar a inscrición mediante a aportación de unarquivo en pdf, formato DIN A4 (peso máximo 2 Mb) coa seguinte información:

    • Resumo da tese doutoral de máximo 600 palabras, en español.
    • Índice de contidos da tese doutoral.
    • Nota biográfica de máximo 100 palabras con fotografía do autor/a.
    • Informe de 300 palabras sobre o proceso de revisión, recorte e adecuación da tese á liña editorial da colección arquia/teses (carácter divulgativo, extensión máxima de 250.000 caracteres e 250 imaxes en boa resolución e libres de dereitos de autor ou coa xestión destes).
    • Documento oficial (acta del tribunal, título doutor, etc.) onde figure e se acredite a cualificación máxima obtida na tese (sobresaliente cum laude).
    • Certificado ou informe emitido o xerado por un axente ou plataforma de detección de plaxio: URKUND ou similar, que confirme que a tese non comete ningún tipo de plaxio, e que, polo tanto, non sobrepase o 20 % en citación ou paráfrases. Poderá adxuntarse unha declaración responsable, pero solicitarase o informe se a tese resulta seleccionada.

    e completar os seguintes campos obrigatorios que se solicitan:

    • Título da tese, resumo/abstract en español, portugués e inglés (máximo 600 palabras), tema da tese, director/a da tese, departamento, data de lectura, tribunal e centro de lectura, calificación da tese etc. Tamén se facilitará a ligazón ao repositorio universitario onde se atope a tese en formato dixital.
    • Imaxe de portada ou cuberta (jpg 760 x 524 píxeles).
    • 3 a 5 imaxes da tese (arquivo jpg).

    A información pódese editar ata o día que finalicen las inscricións (ver calendario).
    Nunha segunda fase do concurso, solicitaráselles aos candidatos seleccionados unha copia da tese orixinal, en formato dixital (pdf) e en papel, para a súa valoración polo xurado. Así como o documento de xustificación da calificación e outros documentos xustificativos

  • Idioma
  • A documentación solicitada para a inscrición e participación na convocatoria aportarase en español As teses completas, na súa lingua orixinal de redacción, poderán presentarse na segunda fase do concurso para aquelas teses que resulten seleccionadas.

  • Criterios xerais de valoración
  • Establécense unha serie de criterios sobre a calidade da investigación no ámbito arquitectónico que deben contemplar as teses doutorais que se presenten:

    • As teses doutorais serán orixinais e inéditas, tanto na presentación a concurso (non publicadas previamente) como na temática, estrutura e/ou enfoque proposto.
    • As teses doutorais contarán con material de fontes orixinais, como arquivos de arquitectos, bibliotecas, centros de investigación, etc.; sexa nacional ou internacional; así como referencias bibliográficas verificadas. Por tanto, o investigador/a contará con estancias nestos centros.
    • Adaptaranse á liña editorial da Fundación Arquia e ao seu carácter divulgativo e social (difusión do legado arquitectónico material e inmaterial, temáticas de carácter universal, de demanda ou compromiso social, etc.); así como o seu interese e proxección internacional.
  • Calendario
  • O prazo de inscrición e admisión da documentación solicitada iniciarase o luns1 de febreiro de 2021 e finalizará o vernes 26 de marzo de 2021 ás 12:00h (mediodía, hora española).

    Ampliado o prazo de inscripcións ata o 9 de abril de 2021

    1ª. Fase: 6 abril-23 xullo de 2021. Cada membro do xurado seleccionará entre os expedientes presentados un máximo de catro traballos de investigación que accederán á segunda fase do concurso. A finais de xullo de 2021 farase pública a relación de teses seleccionadas e solicitarase aos seus autores unha copia completa da tese doutoral en formato papel e dixital (pdf).

    2ª Fase: (agosto)-setembro-outubro e novembro 2021. . Os membros do xurado procederán á lectura, revisión e valoración dun máximo de 16 teses doutorais seleccionadas.

    Reunión do xurado e veredicto do concurso: decembro de 2021. Ao final do ano terá lugar a reunión do xurado para proceder ao veredicto do concurso, así como á respectiva publicación e notificación das teses premiadas.

  • Composición do xurado
  • Presidente

    JESÚS APARICIO GUISADO

    Dr. arquitecto, catedrático (CU), Departamento de Proyectos Arquitectónicos, Escola Técnica Superior de Arquitectura, Universidade Politécnica de Madrid, ETSAM, UPM
    (Voto de calidade para dirimir en caso de empate)

    Jesús Aparicio Guisado (Madrid, 1960) é Doutor Arquitecto e Catedrático de Proxectos Arquitectónicos da Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid, ETSAM. Arquitecto pola ETSAM, Máster en Arquitectura na Universidade de Columbia. Fai un achegamento á arquitectura a través da investigación, a docencia e a práctica profesional, é dicir, a unión do pensamento-ensino-construción no seu conxunto. Doctorouse cum laude pola ETSAM e desde 2009 es Catedrático de Proxectos Arquitectónicos na mesma escola

    Vogal

    MAGDA MÀRIA SERRANO

    Dra. Arquitecta, profesora asociada (Profesora contratada, PCD), Departamento de Proxectos Arquitectónicos, Escola Técnica Superior de Arquitectura do Vallés, Universidade Politécnica de Catalunya, ETSAB-ETSAV, UPC

    Magda Mària Serrano (Barcelona, ​​1961) é arquitecta (1987) e doutora arquitecta (1995) pola Universidade Politécnica de Catalunya. Profesora Asociada do Departamento de Proxectos Arquitectónicos da UPC (2009-presente) onde exerce como docente desde 1999. Coordina materias dos Mestrados e Graos Universitarios nas Escolas de Arquitectura do Vallès e de Barcelona. Xefa da Comisión de Doutoramento de Proxectos Arquitectónicos da UPC (2018-presente), foi subdirectora do Plan de Estudos da ETSAV (2008-2011).

    Vogal

    DANIEL RINCÓN DE LA VEGA

    Doutor arquitecto, como patrón e en representación da Fundación Arquia

    Daniel Rincón de la Vega (Madrid, 1977) é arquitecto (2003) pola Escola Técnica Superior de Arquitectura de Sevilla; Doutor en Arquitectura (2010) pola Universidade de Sevilla e Máster en Administración de Empresas MBA (2019) por ESADE. Compaxina o seu labor profesional coa investigación e a difusión cultural. Colabora con estudios internacionais y participou en diversos proxectos de vivendas.

    Vogal

    ANA TOSTÕES

    Dra. arquitecta, catedrática (CU), Instituto Superior Técnico, Universidade de Lisboa, Portugal. Presidenta Docomomo internacional

    Ana Tostões (Lisboa, 1959), é arquitecta (1982) polo departamento de arquitectura da Escola de Belas Artes de Lisboa (ESBAL), doutora en arquitectura (1994) en Historia da Arte pola Universidade Nova de Lisboa (UNL) e en cultura e tecnoloxía en Arquitectura Moderna ( IST -UL, 2003). cultura y tecnología en Arquitectura Moderna (IST-UL, 2003). É profesora do Instituto Superior Técnico (IST), Universidade de Lisboa, e directora do Consello Científico da Arquitectura; onde imparte docencia nas áreas de Historia e Teoría da Arquitectura. Desde 2010 é presidenta de docomomo International e docomomo Journal Editor.

    Secretario (con voz/ sen voto)

    SOL CANDELA ALCOVER

    Arquitecta, Directora de la Fundación Arquia.

    Sol Candela Alcover (Valencia, 1961), é arquitecta (1986) pola Escola Técnica Superior de Arquitectura de Valencia. Socia Fundadora do estudio de arquitectura emece2. Desde 2019 é a directora da Fundación Arquia, tras ocupar diferentes cargos anteriores no Colexio Oficial de Arquitectos da Comunidade Valenciana, o consello de goberno de Arquia Banca e o Padroado da Fundación Arquia; que consolida un camiño dedicado á cultura arquitectónica e ao achegamento da arquitectura á sociedade.

  • premios
  • O xurado concederá un único PRIMER PREMIO e DÚAS MENCIÓNSO premio consiste no compromiso de editar e publicar a tese premiada, por parte da Fundación Arquia, na colección arquia/teses.

    Unha das mencións pode ter unha mención honorífica á figura de Carles Martí Arís (1948-2020,in memoriam), que foi secretario do concurso e director da colección arquia/teses e la cimbra. Esta mención especial concederase a aquela tese que contribúa ao pensamento e á crítica da arquitectura, así como á teoría do proxecto arquitectónico.

    O compromiso editorial vinculado ao premio estará condicionado polo calendario e orzamento editorial da Fundación Arquia, así como polo necesario traballo de reelaboración que o autor da tese deba realizar de acordo cos criterios editoriais da Fundación Arquia e do manual de deseño da colección arquia/teses.

    A Fundación Arquia non ten ningún compromiso de edicióncoas teses que obtiveron unha “mención” ou foron recomendadas para a súa publicación polo xurado.

    O concurso poderá ser declarado deserto. O veredicto do concurso comunicarase aos participantes por correo electrónico e será inapelable.

    A décimo terceira convocatoria do Concurso Bienal de Teses Doutorais de Arquitectura da Fundación Arquia foi patrocinada por Arquia Bank.

    Fundación Arquia
    xaneiro 2021