VI Festival Arquia/Próxima 2018
"PRÁCTICAS RELEVANTES"
O programa cultural arquia/próxima ten como obxectivo ofrecer apoio aos arquitectos españois nos dez primeiros anos de exercicio profesional, e baséase na difusión, promoción e posta en valor das súas realizacións e principios como profesionais.
Arquia/próxima amosa as realizacións das vindeiras xeracións de arquitectos españois, publicadas e explicadas polos seus autores. É un espazo aberto a aqueles que desexen coñecer e localizar a nova arquitectura española emerxente, e aspira a converterse nunha base de referencia que conecte cos novos arquitectos e, ao mesmo tempo, permita coñecer o contexto e as inquedanzas actuais da arquitectura xove española.
O lema desta bienal é "PRÁCTICAS RELEVANTES" e foi definido polo comisario Iñaqui Carnicero, que convida a reflexionar sobre o paradoxo producido polo éxito internacional da arquitectura española, que non corresponde co volume de produción arquitectónica destes últimos anos mais, con todo, reflicte un traballo máis relevante ca nunca.
Esta cita coa arquitectura nacional xove tivo lugar en Madrid os días 17 e 18 de outubro e contou coa presenza de Iñaki Carnicero, comisario da bienal, e do xurado formado por Pilar Díaz de Paisaje Transversal, Héctor Fernández Elorza, Iñigo García (VAUMM Arquitectura), María González (Sol89 Arquitectos), Montserrat Nogués, patroa e representante da Fundación Arquia e Anna Puigjaner (MAIO Arquitectura).
Tamén participaron os autores das 24 realizacións seleccionadas nesta bienal: deAbajoGarcía, Adrià Escolano, Estudio rellam, Juan Miguel Martínez, Nua Arquitectures, Serrano + Baquero, Rosa Gallardo, Gonzalo Gutiérrez, Joel Padrosa, Ander Rodríguez, Carmen Torres, Arqbag, Arquimaña, Arquitectura Expandida, Cornago & Sánchez, Eeestudio + Zuloark, After Belonging Agency, José Aragüez, Arquitectura a Contrapelo, Bartlebooth, Nomad Garden, Vilaplana & Vilaplana.